Derrota dun errático Arxil na cancha do Magectias de Lanzarote (52-46)
Por Redacción
Segunda xornada de competición na Liga Feminina 2 e segunda derrota do Club Baloncesto Arxil, que este sábado viuse superado nas Illas Canarias polo Magectias de Lanzarote (52-46).
O conxunto pontevedrés viuse penalizado por unhas pobres porcentaxes de acerto no tiro, cun 22% (13/58 en tiros de campo). Demasiada laxa para volver a casa con algo positivo.
Só Nena Trajchevska e Andrea Glomazic chegaron aos dobres díxitos (10 puntos cada unha), pero co mesmo desacerto que as súas compañeiras.
Aínda así durante os primeiros minutos de partido mantívose certa igualdade, dominando as locais por 17-10 no primeiro cuerto e respondendo o Arxil nas segundo grazas sobre todo ao acerto nos tiros libres, chegando ao descanso cun apertado 27-25.
O terceiro pacial foi decisivo, coas pontevedresas anotando só 8 untos e vendo como o seu rival despegábase no marcador conseguindo unha renda que xa non poderían alcanzar (42-33).
Faltaba un cuarto por xogarse, pero non era o día do Arxil a nivel de anotación e o partido terminou caendo do bando canario.
Relacionadas:
-
O Arxil desínflase no último cuarto e cae en Cortegada (66-51)
Por Redacción |
-
O Arxil cómese ao Granada (109-65)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Boas sensacións do Arxil na súa primeira vitoria ligueira (55-65)
Por Redacción |
-
O Arxil inicia o curso con derrota ante o Almería na prórroga (75-77)
Por Redacción |
-
A Liga Feminina 2 levanta o pano para un ambicioso Arxil
Por Redacción |