Goleada fronte ao Bembrive en Copa Galicia na volta á actividade do Poio Pescamar
Por Redacción
Punto e final ao parón competitivo para o Poio Pescamar, que tras o descanso polo calendario das seleccións nacionais regresou este martes á actividade e fíxoo con goleada na Copa Galicia na cancha do Bembrive vigués (0-5) que milita na Segunda División.
O cadro conserveiro, xa con todas os seus internacionais incluídas as arxentinas Julia Dupuy e Agostina Chiesa, impuxo o seu maior ritmo de xogo desde os primeiros compases, adiantándose xa no minuto 2 de xogo cun gol de Elena Aragón.
Dani Sousa dous minutos despois poñía o 0-2, e Rocío Gómez ampliaba rendas antes do descanso.
Co marcador xa encarrilado, o Poio Pescamar pecharía a goleada no segundo acto con outros dous goles de Rocío que certificaban o pase a semifinais do torneo autonómico, no que defenden título.
Positivas sensacións para o equipo adestrado por Luís López-Tulla no que era o seu primeiro partido dos catro consecutivos que debe afrontar lonxe da Seca. O próximo, o sábado 29 na liga na pista do Gran Canaria Teldeportivo.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar en Canarias (1-2)
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |