O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción
A só un paso da fase final da Copa da Raíña está xa o Poio Pescamar, tras superar con éxito e sen apuros o compromiso de segunda rolda que lle levaba este martes ata a cidade autónoma de Ceuta.
O conxunto conserveiro exhibiu a súa pegada para desfacerse con contundencia do CD Camoens da Segunda División (0-7) avanzando aos 1/8 de final do torneo do KO.
As xogadoras adestradas por Luís López-Tulla dominaron o choque desde o inicio, aínda que a boa actuación da porteira local e os postes evitaron que tomasen a dianteira xa nos primeiros compases.
A resistencia ceutí durou nove minutos, ata que Rocío Gómez perforou a lata. Nese momento e nun dicir amén o marcador disparouse ata o 0-4 que deixaba case pechada a eliminatoria, con goles de Susi en propia meta, Luci e Martita, ao que se sumou o quinto de Dani Sousa antes do descanso.
Na segunda metade, xa con menor intensidade, Agostina Chiesa e Marta pecharían a goleada para confirmar o bo momento que vive o seu equipo.
Agora o Poio Pescamar espera rival no sortero dunha terceira rolda que se disputará o 6 de decembro e na que estará en xogo o billete á fase final a oito da competición.
Relacionadas:
-
Remontada e vitoria para o Poio Pescamar contra o Leganés (2-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Goleada de escándalo do Poio Pescamar o Rayo Majadahonda (12-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai os deberes en Alcorcón (0-3)
Por Almu Dapena |
-
'Coco' no sorteo de Copa para o Poio Pescamar e rival máis alcanzable para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar en Canarias (1-2)
Por Redacción |
-
Goleada fronte ao Bembrive en Copa Galicia na volta á actividade do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Longos desprazamentos na segunda rolda da Copa da Raíña para Marín Futsal e sobre todo para Poio Pescamar
Por Redacción |