Sufrido triunfo do Poio Pescamar en Canarias (1-2)
Por Redacción
Sufrida vitoria a conseguida polo Poio Pescamar este sábado en Canarias ante o Teldeportivo para seguir nos postos de arriba. O cadro conserveiro chegou a poñerse 0-2 no marcador, pero un gol en propia de Ana Escribano e o asedio ofensivo das insulars co seu xogo de cinco, complicou a recta final ás de López-Tulla, que respiraron tranquilas unha vez soou a bucina.
Dominaron as visitantes durante os primeiros instantes, mentres o Teldeportivo aguantaba en tarefas defensivas e se confomaba cun disparo afastado de Virginia como oportunidade máis clara.
O Poio chegaba unha e outra vez á portería de Mariona, sobre todo cos tiros de Marta e Ana Escribano. Foi a primeira, de feito, a que de falta afastada conseguiu abrir a lata. Chegou a tocar Mariona o chute da vermella, pero o balón finalmente entrou para facer o 0-1 no minuto 14.
Despois do descanso, as conserveiras seguiron ao seu, mantendo o ritmo e avisando cun disparo ao pau de Luci e un penalti que Ana Escribano converteu no 0-2.
Parecía que o partido era para o Poio, pero antes do ecuador do segundo acto, Escribano anotou en propia un intento de despexar un remate de Sofía, metendo de cheo ás de Canarias no enivite.
Instantes despois, Laura Uña tivo nas súas botas o terceiro gol das galegas, pero o seu tiro estrelouse co traveseiro, mentres Virginia tiña nas súas botas o gol do empate xa no tramo final. Ademais, o Poio completaba as cinco faltas e o Teldeportivo, crecido ante as súas posibilidades, optou polo xogo de cinco en busca do gol da igualada.
E puideron facer o 2-2 en varias ocasións, pero as vermellas, ben posicionadas en tarefas defensivas, aguantaron o asedio rival para facerse con outro trinfuo que as mantén nos postos altos da clasificación.
TELDEPORTIVO (1): Mariona; Agostiña González, Andrea, Sofía e Idoya (quinteto inicial). Tamén xogaron, Escribano, Martita, Play, Virginia, Pina, Lucchesi e Marta Jiménez (segunda porteira).
POIO PESCAMAR (2): Elena González, Martita, Dani Sousa, Luci e Marta Peñalver (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Ana Escribano, Dupuy, Laura Uña e Elena Aragón.
Incidencias: Ciudad Deportiva. Colexiados, Almeida León e Santana Santana. Amoestaron Idoya no Teldeportivo.
Goles: 0-1, min. 14 Marta Peñalver. 0-2, min. 24 Ana Escribano. 1-2, min. 28 Ana Escribano (propia porta).
Relacionadas:
-
Triunfo en Zaragoza para un Poio Pescamar que segue de doce (2-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai os deberes en Alcorcón (0-3)
Por Almu Dapena |
-
'Coco' no sorteo de Copa para o Poio Pescamar e rival máis alcanzable para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción |
-
Goleada fronte ao Bembrive en Copa Galicia na volta á actividade do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar fai da Seca o seu fortín e supera o Móstoles (4-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar sofre a pegada do Futsi Atlético (3-0)
Por Redacción |