Terceira fichaxe confirmada nun Froiz que acelera na planificación da súa tempada 2023
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz acelera na planficación da próxima tempada de estrada, confirmando as súas primeiras fichaxes.
O primeiro en aterrar no conxunto ciclista pontevedrés foi Daniel Jiménez, que xa se estreou coas cores do Froiz na pasada Volta Galicia pero que agora formará parte do equipo de maneira fixa.
Ademais incorpórase ás filas alimenticias Alejandro Luna, procedente do Previley Maglia Coforma Bembibre.
A eles dous sumouse este venres Ángel Maneiro, ciclista noiés especialista en ciclocrós e BTT e que as últimas campañas deu o salto á estrada da man do Vigo Rías Baixas.
Cos tres fichaxes son xa nove os corredores confirmados polo Froiz para 2023, xunto aos renovados Alejandro Gomiz, Raúl Casalderrey, Miguel Rodríguez, José Autran, Gonzalo Inguanzo e Rubén Fandiño.
Relacionadas:
-
Catro renovacións e once fichaxes dan forma ao Supermercados Froiz do 2023
Por Redacción |
-
Boa actuación do Froiz e XSM na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O Froiz consolida o seu bo momento nunha semana maratón na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Experiencia internacional para os ciclistas do Froiz no Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Primeiros pasos do Froiz na planificación da tempada 2023
Por Redacción |