O Froiz consolida o seu bo momento nunha semana maratón na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción
A Copa Galicia de Ciclocrós viviu a última semana o seu particular maratón, con ata catro citas puntuables en seis días afrontando a recta final da competición.
Nesa particular serie, e a falta só dunha proba máis (Culleredo o 31 de decembro), o equipo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz mantivo o tipo, destacando especialmente en categoría feminina.
De feito en Ponteareas, na carreira que pechaba o maratón, as súas ciclistas coparon o podio con triunfo da sub-23 Laura Mira, seguida da júnior Uxía Soto a 15 segundos e coa xuvenil Aroa Otero terceira. Un día antes en Nigrán investiuse a orde con Uxía Soto en primeira posición, Aroa Otero segunda e Laura Mira terceira.
Uns resultados que achegan unha dose extra de confianza de fronte ao peche da Copa de España, na que tanto Uxía Soto como Aroa Otero contan con posibilidades de levar o liderado.
Pola súa banda Gonzalo Inguanzo, que si marcha líder no certame nacional, disputou a fin de semana con Miguel Rodríguez o CX Igorre de categoría internacional no País Vasco, asinando un terceiro e un sétimo posto respectivamente.
Relacionadas:
-
Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós
Por Almu Dapena |
-
Laura Mira e Marta Estévez poñen a guinda á Copa Galicia de Ciclocrós para o Froiz
Por Redacción |
-
Boa actuación do Froiz e XSM na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Terceira fichaxe confirmada nun Froiz que acelera na planificación da súa tempada 2023
Por Redacción |
-
Experiencia internacional para os ciclistas do Froiz no Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Primeiros pasos do Froiz na planificación da tempada 2023
Por Redacción |
-
Cinco ciclistas do Froiz, convocados para o Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O Froiz presenta os seus integrantes do seu segundo ano no ciclocrós
Por Redacción & Mónica Patxot |