Laura Mira e Marta Estévez poñen a guinda á Copa Galicia de Ciclocrós para o Froiz
Por Redacción
Culleredo puxo o broche final á Copa Galicia de Ciclocrós o pasado sábado 31 de decembro, con bos resultados para as ciclistas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Na proba elite-sub23 feminina Laura Mira fíxose co triunfo. A ciclista do Froiz, de idade sub23, avantaxou en 13 segundos a Sofía Álvarez (Cambre-Caeiro).
En terceiro lugar e como vencedora júnior entrou outra ciclista do Froiz, Marta Estévez, a pouco máis dun minuto da súa compañeira de equipo.
Ademais na categoría sub23 masculuina Fabián Rodríguez subiu ao segundo chanzo do podio.
Os resultados da décimo terceira e última xornada da Copa Galicia non provocaron ningunha variación no máis alto das clasificacións xerais, resultando vencedores Iris Fernández (Academia Postal-Maceda) e Xián Alvariño (Ponteareas) en cadetes, Sarela Conde (Academia Postal-Maceda) e André Martínez en juniors; Zaira Vila (Coruxo) e Ricardo Buba en sub23, María Jesús Barros e Samuel González en elites; Iria Nieto e Miguel Porto en máster-30; Paula Blanco e Andrés Calvete en máster-40; Isabel Castro (Condado Bike) e o portugués Antonio Ferreira en máster-50; e Tucho González nos máster-60.
Tras esta cita o calendario autonómico de ciclocrós garda aínda unha última gran cita co Campionato Galego que terá lugar o próximo día 8 de xaneiro en Poio.
Relacionadas:
-
Uxía Soto, María Filgueiras e Gonzalo Inguanzo, convocados para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós
Por Almu Dapena |
-
Laura Mira e Samuel González proclámanse campións autonómicos de ciclocrós en Poio
Por Redacción |
-
O Campionato Galego de Ciclocrós reunirá en Poio a máis de 300 deportistas
Por Redacción |
-
Boa actuación do Froiz e XSM na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O Froiz consolida o seu bo momento nunha semana maratón na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Experiencia internacional para os ciclistas do Froiz no Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Redacción |