Avultada derrota do TM Monte Porreiro contra o San Sebastián de los Reyes (4-0)
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro recibiu este venres un excesivo castigo da súa visita ao San Sebastián de los Reyes, onde caeu por un avultado 4-0 no partido correspondente á sétima xornada de liga.
Pero o resultado non demostra o que se viu sobre a pista, onde o conxunto pontevedrés pelexou e puxo en apertos a un rival que levou a vitoria grazas a pequenos detalles. Calquera puido gañar e, salvo o terceiro duelo no que se enfrontaron Rafa de las Heras e Martín Bentancor, todos decidíronse no quinto xogo.
Jorge Campos e Nico Galvano foron os primeiros en saltar á cancha, vivindo un duelo vibrante e emocionante onde o xogador do Monte Porreiro igualou un 2-0 en contra para finalmente caer no último xogo (11-8/1-/8/8-11/9-11/11-9).
Algo parecido ocorreu entre Izaac Quek Yong e Vílchez, aínda que neste caso foi o visitante o que se adiantou no marcador asinando un 0-2 que o xogador do Sanse remontou para abrir unha maior brecha no luminoso (9-11/6-11/11-6/11-6/11-5).
Pola contra, por máis que Bentancor tentou superar a de las Heras para que o seu equipo conseguise o primeiro punto da xornada e chegar con vida ao último duelo, o do Monte Porreiro caeu por 11-7/11-7/11-8 certificando así a derrota dos seus.
Xa no cuarto e último enfrontamento e con xa todo decidido, chegou a quenda de Izzac Quek Yong e Nico Galvano, decantándose o resultado a favor do madrileño para asinar un resultado final de 4-0 (11-8/8-11/6-11/11-6/11-5).
Consulta a acta do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
Derrota do TM Monte Porreiro fronte o líder Cajasur Priego (4-0)
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o TM Monte Porreiro no preestatal disputado en Narón
Por Redacción |
-
Dura derrota no Príncipe Felipe do Monte Porreiro ante o Burgos (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Repartición de puntos entre o TM Monte Porreiro e Collado Mediano (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O TM Monte Porreiro supera con contundencia o TM Parla (4-0)
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro non pode co Borges na terceira xornada da Superdivisión
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión Masculina
Por Redacción |