O Marín Futsal e o Poio Pescamar, entre os equipos femininos de alta competición incluídos no plan de patrocinio da Xunta contra a violencia de xénero
Por Redacción
Dous clubs deportivos da comarca foron incluídos na terceira edición do Plan de Patrocinio Contra a Violencia de Xénero habilitado pola Xunta de Galicia e destinado aos equipos femininos de elite.
Trátase de Poio Pescamar e Marín Futsal, dous dos 19 clubs que recibirán unha subvención que conta cun presupueto de 217.800 euros (IVE incluído).
En concreto o Poio recibirá unha achega de 11.355,39 euros e o Marín de 10.331,54 euros.
Na provincia tamén recibirán apoio o Club Deportivo Bosco de baloncesto de Vigo, o Club Balonmán Porriño e o Porriño B, o Club Balonmán Atlético Guardés, Asociación Deportiva Carballal, a Sociedade Atlética Redondela e o Club Balonmán Cañiza, sendo o Atlético Guardés o que maior cantidade económica recibirá (25.572,89 euros).
Este plan é resultado da renovación do acordo entre a Vicepresidencia Segunda da Xunta e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que vén asinando desde 2020 co obxectivo da difusión de campañas específicas contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade no deporte.
Na presentación do plan de patrocicio destacouse ademais o exemplo que supón o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia (CGTD) de Pontevedra, no que se preparan 168 deportistas dos cales xusto a metade (84), son mulleres.
Relacionadas:
-
Cinco xogadoras do Poio Pescamar disputarán o dobre amigable internacional entre España e Arxentina
Por Manu Otero |
-
Fin de ano redondo para o Poio Pescamar tras superar o Torreblanca Melilla (0-2)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal pon fin á súa mala serie cunha agónica vitoria contra o Teldeportivo na Raña (4-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Marín Futsal despide o ano na Raña contra o Teldeportivo e o Poio Pescamar viaxa a Melilla
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve con dous tantos en cinco minutos o atasco contra o Roldán (2-0)
Por Redacción |
-
Resísteselle a vitoria ao Marín Futsal, que cae contra o Alcantarilla (4-1)
Por Redacción |