As pingueiras, unha dor de cabeza para os clubs que adestran no Multiusos da Xunqueira
Por Redacción
É unha imaxe habitual cando a choiva non dá tregua, e supón unha dor de cabeza para moitos clubs deportivos de Pontevedra que ven trastornada a súa actividade.
É o que sucede no pavillón Multiusos da Xunqueira mentres non conclúen as obras de impermeabilización que se están levando a cabo na cuberta da instalación.
O mal tempo das últimas semanas fixo que a empresa encargada dos traballos solicitase unha prórroga de dous meses, trasladando a data para a conclusión da actuación ao 6 de febreiro de 2023.
Mentres tanto ver cubos e conos sinalizando zonas húmidas na pista de xogo é habitual, obrigando aos clubs para suspender adestramentos.
Este martes pasoulle por exemplo á Sociedade Deportiva Teucro, que tiña previsto adestramentos das súas escolas deportivas municipais, os equipos infantil e cadete, o xuvenil e mesmo o seu persoal sénior de Primeira Nacional, pero que dadas as condicións do Multiusos decidiu cancelar todas as sesións.