Prorrogan dous meses máis as obras de impermeabilización da cuberta do multiusos da Xunqueira
Por Oskar Viéitez
A empresa Sodein obtivo unha prórroga de dous meses para poder rematar as obras de tratamento da cuberta do Pavillón Multiusos da Xunqueira.
A portavoz do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, informou que este luns a Xunta de Goberno Local aprobou esta ampliación do prazo previsto debido a que as "circunstancias meteorolóxicas" impediron acometer as obras de impermeabilización.
A nova data para a conclusión destes traballos é o 6 de febreiro de 2023.
Esta empresa está a reparar a cuberta do Pavillón que está construída con paneis sándwich. Para iso tivo que substituír os canlóns e as baixantes limpando a superficie da cuberta con auga a presión para eliminar o musgo e a sucidade, selando as xuntas dos paneis.
Tamén estaba previsto cambiar o revestimento cunha lámina elástica impermeable e aplicar un verniz de protección cuestiones que a choiva caída durante o mes de novembro atrasou.
Relacionadas:
-
As pingueiras, unha dor de cabeza para os clubs que adestran no Multiusos da Xunqueira
Por Redacción |
-
O Teucro, relegado ao Multiusos da Xunqueira para recibir o Galdar canario
Por Diego Espiño |
-
O PP urxe a reparación das cubertas do Municipal e os Multiusos para acabar coas pingueiras
Por Redacción |