Paso atrás do Pontevedra que cae con xustiza (2-1) no campo do Somozas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Mesmos pecados, parecida penitencia. Erros individuais en defensa, imperdonables nun equipo que queira aspirar ao ascenso, que se repiten cada xornada e que custan puntos cando en fronte hai un rival con oficio e que sabe ao que xoga.
Se ademais ese rival ponlle intensidade ás súas accións, mentres algúns xogadores do Pontevedra saen ao campo andando, lastrando co seu ritmo cansino o xogo do colectivo, o resultado máis probable é, como sucedeu nas Somozas, unha dolorosa derrota, máis pola forma en que se produciu, que pola perda dos puntos, con ser estes tan importantes como os que estaban en xogo.
Coma se necesitase un par de golpes para espertar, o equipo de Manu Fernández, saltou ao campo desbordado pola presión e o ritmo do rival, tanto como pola propia "caraja" individual que xa empeza a ser endémica nalgúns xogadores e que lle puxo moi pronto a remolque no marcador.
Tan só ían transcorridos dous minutos de xogo cando dun saque de banda nace a acción do primeiro gol local. Con algo tan simple como un balón prolongado, Héber atópase coa pelota no área e con Pablo como único opoñente. O central granate comete a imprudencia de non disputar o balón interpoñendo o corpo, senón alargando a perna en busca dun despexe dubidoso. A consecuencia é que chega tarde e impacta na perna do dianteiro. Penalti tan xusto como evitable que Luís Ángel tranforma por alto.
Os locais, fieis ao seu estilo, aprópianse do partido e facían dano con moi pouco. Con algo tan simple como envíos en longo buscando facer valer a envergadura de David Franch, ou a velocidade de Héber e Rubén, ademais da calidade de Luís Ángel, un pesadelo para a zaga pontevedresa.
Pero a medida que ían pasando os minutos sen que o Somozas lograse abrir maior brecha no marcador, o Pontevedra comezou a entonarse. Pese a que algúns dos seus xogadores non tiñan o seu mellor tarde, ou ata estaban simplemente desaparecidos. E a partir da media hora o partido cambiou e puido dar un envorco no marcador.
Sería entón cando aparecese outro dos males granates desta tempada, a súa dificultade para transformar as ocasións creadas. A primeiro chegaba na mellor xogada combinativa de todo o partido, minuto 31, pero Pablo Lede, só ao bordo do área pequena, non acertou coa portería local, nunha cesión de Pablo Carnero, cruzando en exceso a súa remate.
Logo sería Richi quen de cabeza en prancha remata un gran centro de David Pérez, pero Abraham saca unha man prodixiosa para desviar o balón que se coaba xunto ao poste.
No descanso a sensación era de que o Pontevedra, si non reincidía nos seus erros, podía levarse o partido. Pero non foi así. Manu Fernández moveu ficha e deu entrada a Luismi, por Richi, e a Kevin por un desafortunado e a anos luz do seu mellor momento de forma Santi Domínguez.
Os primeiros minutos mantiveron a tónica, pero pronto o Somozas demostrou que podía facer dano á contra. E case o logra no minuto 54, pero o remate de David Franch sacouno espectacularmente da mesma escuadra Edu, nunha gran intervención.
Logo Kevin, incomprensiblemente suplente ao comezo, provocaría máis perigo en apenas vinte minutos que todo o equipo xunto. Seu foi un gran centro que Pablo Carnero rematou fóra, no minuto 73.
A resposta, nunha nova contra, deuna Héber, minuto 76, pero Edu salvou unha sentenza que chegaría catro minutos despois cando un saque de esquina mal defendido permite un balón interior que deixa a David Franch só, en posición dubidosa, para marcar o 2-0.
Co tempo case cumprido de novo aparece Kevin para provocar un penalti, por agarrón de Fiuza, minuto 88. Pero non era o día do Pontevedra. David Feito, tantas veces inspirado nas accións a balón parado ve como Abraham adivíñalle a intención rexeitando o lanzamento.
E nuevamente Kevin reclamaría a base de goles maior protagonismo futuro, aproveitando un balón interior que lle puxo Pablo Carnero para marcar á media volta un bonito gol que sería o 2-1 definitivo, só con tempo para levar unha lixeirísima inquietude ao equipo local.
U.D. SOMOZAS (2): Abraham (2); Álex Bao (1), Fiuza (1), Iago López (1), Javi Rosa (2); Baleato (1), David Franch (2); Luís Ángel (3), Pablo Berros (2), Héber (2); e Rubén (2).
Sustituciones: Álvaro (1) por Álex Bao, minuto 34. Álex Ares (s.c.) por Pablo Berros, minuto 74. Nes (s.c.) por Héber, minuto 84.
PONTEVEDRA C.F. (1): Edu (3); Adrián (1), Yago Vázquez (1), Pablo (0), David Feito (2); Pablo Lede (2), Moreira (1); Richi (1), Santi Domínguez (0), David Pérez (2); e Pablo Carnero (1).
Sustituciones: Javi Otero (1) por Richi, minuto 46. Kevin (3) por Santi Domínguez, minuto 46. Luismi (1) por Moreira, minuto 72.
Árbitro: ÿscar Martínez Santos (Santiago), auxiliado nas bandas por Zas Varela e Gay Casal. Amoestou a Héber, Rubén e Luís Ángel, polo Somozas, e a Pablo e Pablo Lede, polo Pontevedra.
Goles: (1-0) Minuto 2: Luís Ángel, de penalti. (2-0) Minuto 80: David Franch. (2-1) Minuto 92: Kevin.
Incidencias: Campo de Pardiñas (As Somozas). Uns 150 espectadores, deles case a metade eran seguidores visitantes, cun autobús fletado pola Asociación de Peñas do Pontevedra.
VESTIARIOS:
MÍCHEL ALONSO: Lóxicamente satisfeito polo resultado estaba o adestrador local: "Ao final do primeiro tempo e comezo do segundo estivemos peor que o Pontevedra, pero o resto do partido, aínda que foi moi aberto, penso que tivemos ocasións suficientes para gañar antes. O Pontevedra é un equipo importante da categoría e ao gañarlle pasámoslles o que fortalece nosa moral, pero ademais creo que a vitoria foi xusta, por iso quedamos moi contentos. Nós somos un equipo que saímos sempre con moita intensidade, metémoslle moito ritmo ao partido e iso axudounos a conseguir os tres puntos. Si chegan a meter o penalti quedaba tempo e podían complicarnos".
Manu Fernández: "Ao final faltounos tempo e sobráronnos os erros individuais que cometemos nos dous goles"
MANU FERNÁNDEZ: Aínda que apareceu sorrinte, a procesión no técnico granate ía por dentro e non podía estar contento co partido, nin moito menos co resultado: "Cando empezas perdendo axiña despois todo o partido é ir contracorrente. O descanso chegou nun momento en que estabamos dominando, pero eles á contra forzaban situacións que nos custou moito defender. Ao final quedóunos curto de tempo o partido. Faltounos acerto. Co 1-0 tivemos dúas accións claras de empatar, pero como digo ao final faltounos tempo e sobráronnos os erros individuais que cometemos nos dous goles. Non sacar a Kevin antes son decisións do adestrador. Eu creo que é un xogador que aporta máis saíndo desde o banquiño, porque cambia as dinámicas dos partidos, non hai outro motivo".