Seis reforzos para un equipo masculino da Gimnástica que perde o internacional Iñaki Cañal
Por Redacción
Renovación no equipo masculino da Sociedad Gimnástica para frontar un novo curso na División de Honra.
O conxunto pontevedrés anunciou seis saídas e outras tantas chegadas para unha tempada na que buscará un ano máis a súa permanencia na máxima categoría do atletismo nacional.
No apartado de baixas destaca a perda tras catro campañas do velocista internacional Iñaki Cañal, que se vinculou coas potente Playas de Castellón. Ademais tampouco seguirá o fondista Manuel Hurtado, que se retira da competición federada, así como Jaime Cañas en marcha e Javier Andrés e Alberto Moral nos obstáculos. Completa as despedidas Sergio Sanabria nos concursos debido a unha grave lesión.
Para encher estes ocos, a Gimnástica confirmou seis altas, empezando con Juan Piñeiro en salto de lonxitude, un atleta procedente do Vila de Cangas que conta cunha mellor marca persoal de 7,18 metros.
Alfonso García, procedente do Suco Lucena, incorpórase para ao salto de altura cun rexistro de 2,06 metros, mentres que Darío Ortega (Atletismo Alcorcón), vixente campión madrileño sub-23 baixo teito, será o encargado de substituír a Iñaki Cañal nos 400 metros lisos cun mellor tempo acreditado de 48.29 segundos. Na mesma distancia pero en valos súmase tamén á Gimnástica o atleta Diego Suárez, nova promesa procedente do Gijón Atletismo.
Pedro García reforzará as probas de obstáculos, e por último o canario David Reyes fará o propio coa marcha como vixente campión da súa comunidade nos 10 quilómetros en pista.
Relacionadas:
-
A Gimnástica participará en calidade de club convidado na primeira gran competición do ano
Por Redacción |
-
Dobre podio para a Gimnástica na Copa Xunta de pista cuberta
Por Redacción |
-
Dobrete da Gimnástica no campionato galego de clubs de probas combinadas en pista cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino coa lanzadora María Ezquerro e a corredora Lea Caride
Por Redacción |