Dobre podio para a Gimnástica na Copa Xunta de pista cuberta
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra logrou este sábado en Ourense un dobre podio na Copa Xunta de Galicia de Clubs de pista cuberta. O equipo masculino revalidou o título con 90,5 puntos e o feminino foi segundo con 71.
Os claros favoritos nesta nova edición foron o Atletismo Femenino Celta na categoría feminina e a Gimnástica na masculina, cumprindo os pronósticos proclamándose mellores equipos galegos.
Con este título, os pontevedreses sumaron a súa décima copa consecutiva, coa que amplían unha histórica racha. Os protagonistas foron Víctor Gallego en peso, Anxo Blanco en triplo, Carlos Porto nos 3.000 metros e Alfonso García en altura.
O Real Club Celta ocupou o segundo chanzo do podio, logo de sumar 86,5 puntos, e o Atletismo Santiago foi terceiro con 63 puntos.
En categoría feminina o Celta domiñou a competición sumando 85 puntos o que supón a novena vez que logran este título.
As acompañaron no podio a Sociedad Gimnástica, segundo a 14 puntos, e o Ría Ferrol, terceiro a 16 puntos.
A entrega de trofeos estivo presidida polo presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez, o Delegado de deportes da Xunta en Ourense Manuel Pérez, o representante da Deputación de Ourense Bernardino González e o responsable de Expourense Mario González.
Relacionadas:
-
Choiva de medallas para a Gimnástica no autonómico de pista cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica participará en calidade de club convidado na primeira gran competición do ano
Por Redacción |
-
Seis reforzos para un equipo masculino da Gimnástica que perde o internacional Iñaki Cañal
Por Redacción |
-
Dobrete da Gimnástica no campionato galego de clubs de probas combinadas en pista cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino coa lanzadora María Ezquerro e a corredora Lea Caride
Por Redacción |