Choiva de medallas para a Gimnástica no autonómico de pista cuberta
Por Redacción
O Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta do 21 de xaneiro en Ourense pechouse cun gran resultado para os atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que se fixeron cun botín de 13 medallas, cinco delas de ouro.
No 3.000 e 1.500 metros, Carlos Porto e Pablo Bocelo asinaron un dobrete brillante para a escuadra lerezana con dous triunfos inapelables. Pero ambas as probas tiveron como protagonista ao ximnástico Adrián Lago, que marcou o ritmo en ambas as carreiras para guiar aos seus compañeiros cara ao triunfo.
En triplo salto, Anxo Blanco subiuse todo o máis alto do podio, igual que Andrea Villaverde en salto de lonxitude.
A quinta medalla de ouro foi para Víctor Gallego, que suma xa trece títulos autonómicos de lanzamento de peso. Un rexistro que é aínda máis espectacular se se teñen en conta as medallas obtidas ao aire libre para contar un total de 34 preseas rexionais. É o atleta con máis medallas de Galicia.
Unha medalla de prata en salto de lonxitude obtívoa Juan Piñeiro, mesmo resultado que o de David de la Fuente nos 800 metros lisos.
Ademais da súa vitoria en salto de lonxitude, Andrea Villaverde subiuse en dúas ocasións máis ao podio. Foi terceira en altura e nos 60 metros valas. O seu irmán, Alejandro Villaverde tamén logrou o bronce en salto con pértega.
Nas probas de velocidade, Cristina Garrido e Eugenia Gil foron teceras nos 60 e nos 400 metros lisos, respectivamente. Do mesmo xeito, María Ezquerro foi terceira en lanzamento de peso.
Relacionadas:
-
Satisfacción na Gimnástica pola organización da Copa de España de clubs
Por Redacción |
-
Alfonso García consegue un bronce para a Sociedad Gimnástica no nacional de Antequera
Por Redacción |
-
A Gimnástica participará en calidade de club convidado na primeira gran competición do ano
Por Redacción |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Dobre podio para a Gimnástica na Copa Xunta de pista cuberta
Por Redacción |