A Gimnástica participará en calidade de club convidado na primeira gran competición do ano
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizará na pista cuberta da Fundación Expourense unha das primeiras competicións por equipos da tempada: O Campionato de España de Clubs Copa Joma e Copa Iberdrola que se celebrará o 11 de febreiro.
Ademais de organizar este campionato, a entidade pontevedresa terá a ocasión de competir tanto en categoría masculina, como feminina, en calidade de invitados.
Os atletas do club terán a oportunidade, por tanto, de enfrontarse aos mellores atletas e clubs do panorama nacional. En categoría masculina é un gran test de nivel de fronte ao comezo das ligas. Mentres que para as atletas será unha boa proba de nivel para verse as caras con algúns dos mellores equipos do panorama nacional.
No cadro masculino, os rivais serán entidades da talla do Playas de Castellón, FC Barcelona, Atletismo Numantino, Fent Cami Mislata, Cueva de Nerja, Real Sociedad e Unicaja. Pola súa banda, na competición feminina veranse as caras co Valencia Club de Atletismo, Playas de Castellón, FC Barcelona, Atletismo San Sebastián, Grupoempleo Pamplona, Avinent Manresa e Cueva de Nerja.
Por cada categoría competirán un total de oito clubs. Todos eles loitarán para converterse nos mellores clubs baixo teito e levantar a primeira copa colectiva da tempada do 2023.
Relacionadas:
-
Satisfacción na Gimnástica pola organización da Copa de España de clubs
Por Redacción |
-
A Gimnástica relacionarase este sábado en Ourense coa elite do atletismo nacional
Por Redacción |
-
Alfonso García consegue un bronce para a Sociedad Gimnástica no nacional de Antequera
Por Redacción |
-
A Gimnástica fixa para o 16 de febreiro a celebración da súa asemblea xeral
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para a Gimnástica no autonómico de pista cuberta
Por Redacción |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Dobre podio para a Gimnástica na Copa Xunta de pista cuberta
Por Redacción |
-
Seis reforzos para un equipo masculino da Gimnástica que perde o internacional Iñaki Cañal
Por Redacción |