Cada socio do Pontevedra poderá retirar polo menos unha invitación para ver o Real Madrid Castilla
Por Manu Otero
O Pontevedra CF fixo público o pasado martes pola tarde os prezos das entradas para o próximo partido de liga en Pasarón que enfrontará ao equipo granate co Real Madrid Castilla. Ademais, a oferta inclúe invitacións para que cada socio poida retirar de forma gratuíta, polo menos, unha entrada.
Os interesados en facer uso desta promoción terán de prazo ata o domingo ás 12.00 horas para retiralas a través da páxina web oficial do club www.pontevedracf.com. Mentres que se prefiren facelo de forma presencial poderán facelo nas oficinas de Pasarón ata o venres entre as 9 e as 14 horas ou entre as 16 e as 19 horas.
ENTRADAS | Xa á venda as entradas para a XXI xornada de liga
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) January 24, 2023
Cada socio adulto de Preferencia e Fondos pode retirar 1 entrada de balde para a súa mesma bancada
Cada socio adulto de Tribuna pode retirar 2 entradas de balde para a súa bancada pic.twitter.com/HskFfw6Kk7
A promoción inclúe unha entrada gratuíta para a mesma bancada á que corresponde o carné de socio. Salvo no caso de Tribuna, que os abonados terán dereito a retirar dous pases gratuítos.
Do mesmo xeito, o club convida a todos os menores de 6 anos a entrar gratis no estadio, así como aos que teñan idades comprendidas entre os 7 e 16 anos. Pero neste caso, só para a bancada de Preferencia. En ambas as opcións, será preciso acceder ao recinto cunha entrada, gratuíta presentando o DNI, que poderán retirar de forma anticipada ou no despacho de billetes do estadio.
Para o resto de afeccionados, o prezo das entradas será de 12 euros en calquera dos dous fondos, 15 euros en Preferencia e 25 euros en Tribuna. Mentres que os que teñan entre 7 e 16 anos deberán pagar 5 euros nos fondos ou 10 euros en Tribuna. O acceso a Preferencia para este último grupo de idade será gratuíto.
O partido está fixado para as 17 horas do domingo 29 de xaneiro e enfrontaranse o terceiro clasificado do grupo I de Primeira Federación, o Real Madrid Castilla; co penúltimo da táboa, o Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un gol de Charles no minuto 90 salva o Pontevedra contra o Castilla (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Xornadas de terapia... e man dura: "Se volvo coller a alguén despistado vaise"
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero: "É complicado con cinco adestramentos cambiar moitas cousas"
Por Diego Espiño |
-
O Real Madrid Castilla e a tarde que elevou a Rufo a ídolo de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez e Brais Abelenda, KO para a visita do Castilla
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra encaixa a súa maior goleada das dúas últimas tempadas no debut de Toni Otero como adestrador
Por Manu Otero |