Remontada do Marín Futsal sobre o Leganés nun duelo directo pola permanencia (3-5)
Por Redacción
O Marín Futsal dixo adeus a un xaneiro negro no que non conseguiu puntuar en ningún encontro para iniciar o mes de febreiro con remontada sobre o Leganés, rival directo pola permanencia na máxima categoría do fútbol sala.
Comezou o duelo cun gol temperán das locais, con Puche sentenciando unha rápida contra de Guti tras roubo na metade de cancha.
O Leganés seguía tentando facer dano á contra, mentres o Marín buscaba facerse co control do xogo e empatar o partido. Pero era Paula Molano a que tiña o 2-0, que desbarataba Luci, e Miriam salvaba unha xogada similar ente María León, que tivo nas súas botas o tanto do empate.
Aos dous minutos do paso polos vestiarios, as marinenses atopaban o seu premio por medio de Ale de Paz tras pase de Ceci. E a pesar de que eran as visitantes as que estaban máis preto do segundo cunha clara oportunidade de Pau, foi o Leganés o que anotou o 2-1 por medio de Patri Montilla, que anotou ao segundo pau un balón solto que deixou Luci.
Antes do ecuador, Chuli, á saída dunha falta, poñía costa arriba o partido para o Marín cun gol pola escuadra, obrigando ás de Ramiro Díaz a optar polo xogo de cinco para dar a volta á situación.
E no primeiro ataque en estático, Lara Balseiro recortaba distancias e, a seis do final, Ale de Paz de batía anotaba o empate cun auténtico golazo.
O Marín xa empatara e as pepineras estaban tocadas emocionalmente. Así, a tres do final, Lara Balseiro a pase de Bea Mateos adiantaba ás visitantes por primeira vez no partido e daba esperanzas á hora de conseguir os tres puntos.
Optaron as locais nesta ocasión polo xogo de cinco con Chuli, pero pouco despois Miriam era expulsada por dobre amarela, e en superioridade nunha rápida contra, Ale de Paz culminaba a remontada e asinaba o 3-5 co que finalaba o encontro.
LEGANÉS (3): Miriam; Puche, Patri Blázquez, Noe e Guti (quinteto inicial). Tamén xogaron, Natalia Orive, María Barcelona, Patry, Chuli, Alba Casado e Moni (segunda porteira).
MARÍN FUTSAL (5): Lucía; Pau, Ale de Paz, Ceci e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Bea Mateos, Inés Mayán, Lara Balseiro e Adri.
Incidencias: Pavillón Olimpia. Colexiados, Félix e Rubén Miguel Velasco. Amoestaron a Ale de Paz, Ceci no Marín, a Moni con amarela e con vermella a Miriam (39') no Leganés.
Goles: 1-0, min. Puche. 1-1, min. 22 Ale de Paz. 2-1, min. 25 Patri Montilla. 3-1, min. 27 Chuli. 3-2, min. 29 Lara Balseiro. 3-3, min. 34 Ale de Paz. 3-4, min. 37 Lara Balseiro. 3-5, min. 39 Ale de Paz
Relacionadas:
-
O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal rasca un empate na Raña contra o Melilla (2-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
STV Roldán e Marín Futsal repártense os puntos dun partido falto de ocasións (1-1)
Por Redacción |
-
O Marín leva o derbi contra o Ourense Envialia cun gol no último minuto (3-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai escala en Móstoles na súa persecución ao líder e A Raña acolle un derbi entre Marín e Ourense
Por Manu Otero |
-
O Marín Futsal encaixa unha avultada goleada contra o Sala Zaragoza (5-9)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un desacertado Marín Futsal cede na Raña contra o Rayo Majadahonda (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar faise cos tres puntos nun vibrante derbi contra o Marín Futsal (3-2)
Por Almu Dapena |