O Arxil colle velocidade de cruceiro e suma en León o seu terceiro triunfo consecutivo (64-69)
Por Redacción
Terceira vitoria consecutiva para un Arxil que despois de sufrir durante as primeiras xornadas de liga colleu velocidade de cruceiro para afastarse definitivamente dos postos baixos.
As verdes impuxéronse con moito esforzo ao Aros León a domicilio (64-69) nun encontro moi igualado ata os minutos finais.
O equipo pontevedrés, lonxe de baixar o nivel no tramo final do partido, como sucedía a comezo de curso, mantivo a concentración apoiada nos bos números anotadores de Ashmeade (16), María González (15) ou Jara Tuda (13).
Con esta vitoria o Arxil chega ao parón do Nadal cun balance de 4-4 na sétima posición, a só un triunfo do cuarto clasificado, zona de play-off, algo impensable hai poucas semanas.
AROS LEÿN (64): Lucía Alonso (16), María Herrero, María Isabel García (15), Teresa López (13), Jennifer Sandria (18) -cinco inicial- Ángela Alonso, Silvia Fernández (2), Virgina Martínez.
CB ARXIL (69): Ana Martín, Carla Fernández (6), María Lago (11), Fany López (4), Tajay Ashmeade (16) -cinco inicial- María González (15), Andrea Carrera (4), Jara Tuda (13), Sandra Entenza.
Árbitros: Vázquez Arbesu e Aguado Muñiz. Descalificada por faltas a xogadora local Teresa López.
Parciais: 22-18, 14-19, 11-10, 17-22.
Incidencias: Partido da Liga Feminina 2 disputado no Pabellón San Esteban de León.