Toni Otero, tras a vitoria ante a Cultural Leonesa: "Era un paso que tiñamos que dar"
Por Almu Dapena
O Pontevedra Club de Fútbol e a súa afección viviron este sábado uno deses partidos que permiten pensar en que a crise na que está o equipo se esfumará dun momento a outro. E é que a pesar das baixas de xogadores importantes, o conxunto granate soubo recompoñerse para conseguir tres puntos moi importantes para crer na salvación.
"Non era un partido definitivo pero si importante", lembrou o adestrador Toni Otero na rolda de prensa de despois do encontro. "A pesar das baixas e á limitación estou moi contento. O equipo fixo un traballo brutal. O plan partido entendérono ben e hoxe gañaron eles, son os que están aí, os que sofren e aguantan todas as semanas".
Pero en especial o técnico quixo felicitar ao goleador Víctor Casais, que "o fixo incrible", arroupado por todos os seus compañeiros que "fixeron un esforzo grande. Fomos a por o partido desde o principio, tentamos presionar alto, pero o campo deixounos o que nos deixou. Xeramos cousas e eles tamén".
De feito, foi a Cultural Leonesa a que máis e mellores oportunidades tivo durante o partido, pero foi o Pontevedra o que tivo a sorte que lle faltou durante estes últimos meses e soubo xestionar os minutos finais tras o gol para conseguir este merecido triunfo. "O partido gáñao un neno de 19 anos, pero páirano os xogadores con experiencia. Hai que saber xogalo e hoxe tivemos un neno que gaña o partido e outros xogadores que saben estar. O equipo soubo ler o partido e hoxe tivemos a fortuna que outras veces non tivemos", asegurou Otero.
Esta vitoria espérase que sexa un punto de inflexión para un mes de marzo "moi importante. Era un paso que tiñamos que dar", declarou o técnico, que á súa vez lembra que o equipo conseguiu catro puntos que quizá non se esperaban, pero agora "o equipo ten que estar preparado porque a úica maneira que vexo de sacar isto adiante é sufrir como sufrimos hoxe".
Ademais, Toni Otero perdeu a unha das súas pezas crave como é Samu Araújo, que se retirou lesionado na segunda parte "e non pinta moi alá". O adestrador non quere adiantar acontecementos, pero todo apunta a que o xogador estará "mínimo un mes de baixa".
Aínda así, e a pesar desta nova baixa nas súas filas, Otero cre que "podemos ir a calquera lado para gañar". Agradeceu tamén á afección, xa que "sen eles os xogadores non teñen ese alento que lles veu ben, sobre todo no último tramo onde sufrimos moitísimo e tivemos que ir ao repregamento total. O medo e a ansiedade obrígache a estar aí, pero os 11 e os que saíron do banco partíronse a alma", afagou.
Relacionadas:
-
A Marea Granate destino a Ferrol
Por Manu Otero |
-
Toni Otero alza a voz polo céspede de Pasarón: "Os encargados de salvar ao equipo somos uns, pero hai xente á que lle custa sumar"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra fai oficial a fichaxe do extremo esquerdo Gonzalo Bueno
Por Redacción |
-
Un enorme Pontevedra gaña á Cultural Leonesa e permítese soñar coa salvación (1-0)
Por Almu Dapena |