Candela abandona o Pontevedra tras chegar a un acordo co club
Por Diego Espiño
Ángel Luis Ruiz 'Candela' deixou de ser xogador do Pontevedra Club de Fútbol logo de chegar a un acordo coa entidade granate na mañá deste luns.
O centrocampista, segundo explicou o club lerezano, acolleuse a unha claúsula do seu contrato pola cal podía abandonar o equipo si recibía unha oferta dun conxunto da Segunda División B.
Candela, que chegou a Pontevedra no verán procedente do Albacete, recibiu polo menos dúas ofertas da categoría de bronce do fútbol español, podendo ser o seu destino finalmente o Club Deportivo Toledo, segundo clasificado do Grupo II, o que supoñería ao futbolista achegarse ao seu pobo natal.
A baixa supón un importante contratiempo para o equipo adestrado por Manu Fernández, ao tratarse dun xogador que actuaba habitualente no once titular. Así o recoñece o director deportivo Milo Abelleira: "nos hace falta alguien como él, me da rabia que se vaya en este momento porque aún no habíamos visto al mejor Candela".
Abelleira confirma que máis futbolistas do primeiro plantel contan con esta cláusula no seu contrato, aínda que confía en que non se produzan máis saídas.
O que si provoca esta situación é a posibilidade de que chegue algún reforzo antes de que se peche o prazo, o 31 de xaneiro, "dependiendo de si el club arregla los problemas económicos, porque si no es difícil negociar con alguien", confesa Milo.
O director deportivo asegura que "la posibilidad está abierta" non só no centro do campo, polo que intentarán sondar o mercado fixando o seu obxectivo principalmente "en los jugadores que no estén participando en equipos de Segunda B de la zona y quieran salir", declarou o director deportivo do Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pedro Crespo, novo xogador do Pontevedra, asegura ter "olvidada" a súa grave lesión de xeonllo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pedro Crespo, procedente do Coruxo, é o elexido finalmente para substituir a Candela no Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Pontevedra tentea a Jorge Rodríguez para cubrir o oco deixado por Candela
Por Diego Espiño |
-
Volta aos adestramentos para un Pontevedra que xa prepara o inicio da segunda volta
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fixo valer a súa maior calidade indidivual para impoñerse (3-1) a un Dorneda que mereceu algo máis
Por Ramiro Espiño |