Rojas e Rodríguez levan ao Supermercados Froiz ao segundo posto de equipos non profesionais en Portugal
Por Redacción
Frenética fin de semana para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, cuyos ciclistas participaron en tres competicións distintas.
A máis destacada foi a participación do equipo na Clásica de Primavera de Portugal, na que compartiron pelotón con corredores de clubs profesionais. Unha carreira dura de 154 kilometros caracterizada polo circuíto empedrado que serviu de preparativo para a próxima semana na que se disputará Volta a Estremadura e as clásicas de Zamora.
Vicente Rojas e Miguel Rodríguez chegaron a un minuto e 17 segundos do vencedor, o profesional Mauricio Moreira. Rodríguez foi o terceiro mellor sub 23 da carreira e na clasificación por equipos non profesional a escuadra alimenticia foi segunda. O resto do equipo fixo un gran traballo para que os seus compañeiros puidesen estar diante deixando "moi boas sensacións para a semana que vén", explican desde a entidade.
Doutra banda, Alejandro Gómiz e Álvaro Navas disputaron o campionato de Valencia de pista. Ambos gañaron como dúo o Madison, Gómiz apuntouse o campionato de Valencia de eliminación e Navas alzouse coa vitoria en puntuación e eliminación.
En Cantabria, no GP Estaleiro Gonzalo, Gonzalo Inguanzo conseguiu un noveno posto.
Relacionadas:
-
Álvaro Navas, do Supermercados Froiz, demostra todo o seu potencial no nacional de ciclismo en pista
Por Redacción |
-
Alejandro Luna, do Supermercados Froiz, campión da etapa raíña na Volta a Estremadura
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz inicia cunha crono por equipos o seu asalto á Volta a Estremadura
Por Redacción |
-
Sen rastro das catro bicicletas roubadas ao Supermercados Froiz
Por Manu Otero |
-
Triplo top 10 para o Supermercados Froiz nunha intensa fin de semana
Por Manu Otero |
-
Jose Autrán regala unha vitoria ao Froiz na primeira fin de semana de competición
Por Redacción |