Un peleón Poio Pescamar leva o derbi contra o Ourense Envialia (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Poio Pescamar continúa a súa persecución ao líder Navalcarnero tras facerse cos tres puntos no derbi contra o Ourense Envialia. As vermellas adiantáronse cun gol de Martita ao fío do descanso, Candela igualou na segunda metade e Luci, a falta de catro minutos para a conclusión, anotou o tanto da vitoria.
Tras un inicio de partido igualado, foron as conserveiras as que gozaron de dúas claras ocasións coa que puideron abrir o marcador. Corría o minuto sete de xogo e Martita estrelou o esférico no traveseiro e, pouco despois, Irene García obrigou a Vane empregarse baixo paus para evitar o gol local.
Co Ourense Envialia ben pechado atrás á espera de saír ao contragolpe, ao Poio custáballe atopar o 1-0 e dispoñía doutra oportunidade cun remate ao pau de Rocío Gómez. A que non perdoou foi Martita a poucos segundos de alcanzar o intermedio, rematando un saque de esquina botado por Rocío co que estreou o marcador.
Ao comezo do segundo acto, Sara Moreno e Candela protagonizaron as primeiras chegadas de perigo dun Envialia que buscaba o empate, mentres as conserveiras acariñaban o 2-0 cun remate de Anna Escribano que se foi rozando a madeira.
Candela asinou a igualada rematando en boca de gol un balón que deixou solto Sandra Buzón tras centro chute de Marta desde o á esquerda, e Marta tivo, pouco despois, a ocasión coa que o Envialia puido voltear o luminoso estrelando ao pau o esférico.
Se embargo, a catro minutos para a conclusión, Luci á saída dun saque de banda anotou o 2-1, obrigando ás ourensás para xogar con cinco. Foi así como tivo Iria Saeta o gol do empate nos compases finais, pero Sandra Buzón, de socato, detivo o seu intento para dar o triunfo a un Poio Pescamar que continúa a súa particular persecución ao Atlético Navalcarnero.
POIO PESCAMAR (2): Sandra Buzón; Martita, Elena Aragón, Luci e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Chiesa, Irene García e Ana Escribano.
OURENSE ENVIALIA (1): Vane; Marta, Sara Moreno, Clara Fernández e Chiky (quinteto inicial). Tamén xogaron, Candela, Iria Saeta, María Arias, Vero, Cèlia Catà e Sara Santos.
Goles: 1-0, min. 20 Martita. 1-1, min. 28 Candela. 2-1, min. 36 Luci
Incidencias: A Raña. Colexiados, Orbegozo Cantón e Pinilla Boullosa. Amoestaron a Anna Escribano no Poio Pescamar e Vero no Ourense Envialia.
Relacionadas:
-
Luci salva o Poio Pescamar a 15 segundos da final fronte ao Melilla nun ensaio para o play-off (2-2)
Por Redacción |
-
Traballado e meritorio triunfo do Poio Pescamar en Roldán para seguir na caza do líder (1-3)
Por Ramiro Espiño |
-
A Selección Española Sub-15 convoca a Lía Ayestarán do Poio Pescamar e Sara Couso de La Peña
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Ourense Envialia visita un Poio Pescamar metido de cheo na persecución polo liderado
Por Redacción |
-
Promoción especial do Poio Pescamar para encher A Seca nos últimos partidos de liga
-
O Poio Pescamar sentenza o Leganés e colócase a un punto do liderado (0-6)
Por Redacción |
-
Un Poio Pescamar de récord golea o Majadahonda (1-4)
Por Redacción |