Terceiro posto por equipos para a EP Cidade de Pontevedra no Nacional de Medio Maratón
Por Redacción
Durante a fin de semana celebrouse no encoro das Cunchas, no municipio de Muiños, o V Campionato de España de Medio Maratón de Piragüismo no que participaron máis de 800 deportistas e 65 clubs.
Entre eles estaba unha Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra que con 262 puntos fíxose co terceiro posto por equipos, só superado polo Piragüismo Aranjuez (544 puntos) e o Club As Torres Romaría Vikinga (389 puntos).
A nivel individual Noa Conde e Jenifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) fixéronse a medalla de ouro e prata respectivamente na carreira de C-1 senior, mentres que no C-2 masculino a parella formada por Tono Campos e Diego Romero (Breogán) impuxéronse á dupla do Kayak Tudense de Óscar Graña e Jose Sánchez.
Ademais Marta Mourelos (Breogán) gañou o K-2 senior xunto a Tania Álvarez, mentres que Antonio Palmas (Piragüismo Vilaboa) foi terceiro no K-1.
Relacionadas:
-
Tono Campos, medalla de ouro na proba curta do Mundial de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Os maratonianos do piragüismo pontevedrés lócense no Nacional e poñen rumbo ao Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Un primeiro de maio de moito piragüismo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Bos resultados para Galicia na primeira xornada da Copa de España de novas promesas
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro consegue dous primeiros postos na Copa de España Sprint de piragüismo