Campionato de España redondo para o Ximnasia Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Pontevedra dixo adeus este domingo ao Campionato de España de Ximnasia Trampolín, que encheu o Recinto Feiral dos mellores ximnastas nacionais das categorías infantil, alevín, pre-junior e sénior.
O foco das miradas estaban postas no equipo anfitrión, o Ximnasia Pontevedra, coa pontevedresa Melania Rodríguez como máximo expoñente, que non defraudou e proclamouse campioa de España por partida dobre cun ouro en sénior individual de trampolín, única modalidade olímpica, e outro en dobre minitrump (DMT).
Tamén Ernesto Baltar e Aintzane Dapena déronlle un metal dourado ao equipo pontevedrés tras converterse, respectivamente, en campión nacional pre-sénior de tumbling e campioa en sénior de tumbling, mentres Ainara Rial, pola súa banda, lograba o bronce en tumbling.
O equipo masculino en tumbling logrou a prata o venres e os equipos femininos de DMT proclamáronse subcampión o absoluto e terceiro o sub15.
A cuarta posición de Martín Rebanal en Dobre Mini Tramp do sábado deulle o pase á final deste domingo, pero repetiu posto e, por tanto, quedou ao bordo do podio. En tumbling, Ainara Rial quedou en cuarta posición, Roi de la Fuente foi décimo e Pablo Bethencourt foi segundo nunha táboa de dous participantes.
O Campionato concluíu na matinal do domingo coas finais de trampolín e dobre minitramp alevín e infantil e as finais de trampolín e dobre minitramp.
Consulta todos os resultados nesta ligazón
Relacionadas:
-
Apoio municipal a Melania Rodríguez antes das citas clave para estar en París 2024
Por Diego Espiño |
-
A Selección Española de Ximnasia preparará en Pontevedra o Europeo de dobre mini-tramp
Por Redacción |
-
Melania Rodríguez, campioa do mundo de dobre mini-tramp
Por Redacción |
-
A ximnasia acrobática toma a remuda no Municipal con máis de 900 participantes en tres campionatos
Por Manu Otero |
-
Turno para os pratos fortes do Campionato de España de Ximnasia Trampolín
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Recinto Feiral, listo para recibir os máis de 600 participantes no Campionato de España de Ximnasia Trampolín
Por Diego Espiño |
-
A ximnasta Melania Rodríguez triunfa na Copa Galicia de trampolín
Por Redacción |
-
Amargo inicio de tempada para Melania Rodríguez na Copa do Mundo de Bakú
Por Redacción |