A carreira Ponle Freno vive a súa quinta edición en Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A carreira popular Ponle Freno desembarcou este sábado en Pontevedra para celebrar a que é xa a súa quinta edición na cidade.
A proba deu o pistoletazo de saída ás 20:00 horas coas probas infantís e os adultos a partir das 21:30 horas. Contou cun percorrido curto de 5 quilómetros e un longo de 10 quilómetros, con saída e meta nunha carpa instalada na Avenida Montero Ríos para baixar cara ao río por Arcebispo Malvar e penetrarse na Xunqueira de Alba.
Ponle Freno é unha iniciativa de concienciación pola seguridade viaria impulsada polo grupo Atresmedia e a Fundación Axa, polo que ao tratarse dun evento solidario, o custo das inscricións foi de 5,50 euros destinado integramente á asociación Stop Accidentes.
No que respecta a os resultados, na carreira de 10 quilómetros o máis rápido foi Manuel Lorenzo, atelta da Sociedad Gimnástica, cun tempo de 30 minutos e 44 segundos. Acompañáronlle nos primeiros postos Daniel Gómez (32:05) e Maxi Oubiña (32:32). Na categoría feminina venceu Soledad Leiro (39:31), seguida de Puri Anegas (41:19) e Mercedes Paz (41:52).
Pola súa banda nos 5 quilómetros o primeiro en completar o percorrido foi Saud Alzaabi (15:59), sendo segundo Sultan Aldhanhani (16:34) e terceiro Sergio Jamardo (16:47). Na categoría feminina o mellor tempo foi o de Sarah Cristina Diz (21:45), con Ararat Pazos (22:24) e Vanesa Insaurralde (23:13) segunda e terceira.
Consulta aquí as clasificacións completas da Carreira Ponle Freno Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PSOE cualifica de "inxustificable" a saída de Pontevedra do circuíto de carreiras populares Ponle Freno
Por Redacción |
-
Medidas de restrición de tráfico este sábado con motivo da Carreira-Marcha solidaria Ponle Freno
Por Redacción |
-
A carreira Ponle Freno acelera cara a unha nova edición en Pontevedra con máis de 600 deportistas rexistrados
Por Diego Espiño |
-
Ponle Freno premia o alcalde de Pontevedra como "pioneiro da mobilidade urbana moderna"
Por Alejandro Espiño |