Xornadas de diversión e orientación polo centro de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro Histórico de Pontevedra acolleu durante a tarde deste sábado as xornadas de orientación urbana.
Nela, os participantes recibiron unha primeira clase teórica sobre coñecementos básicos de material e seguridade para logo saír á rúa e poñer en práctica o aprendido.
Ao longo de catro horas, os participantes, comprendidos en idades desde os 5 anos en diante, percorreron a Boa Vila e gozaron dunha xornada lúdica e de aprendizaxe.
As xornadas de orientación estiveron organizadas polo Club Aromon e o Concello de Pontevedra.
Xornada de orientación urbana
Actividade realizada durante o sábado 5 de agosto no centro histórico de Pontevedra
© Diego Torrado