Echegoyen e Barceló, oitavas no Mundial de vela a falta de seis mangas por disputarse ata a Medal Race
Por Almu Dapena
O Campionato do Mundo de Vela Olímpica arrincou este venres na Haia (Países Baixos) coa participación do equipo olímpico español no que se atopa Támara Echegoyen, que busca, xunto á mallorquina Paula Barceló, quedar entre as dez mellores tripulacións e clasificar a España para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Con todo, a competición non arrincou do todo ben para a clase 49erFX e, en especial para Echegoyen e Barceló, que tras a primeira proba ocuparon a décimo sétima praza despois de realizar un irregular 6-11-7 no seu grupo.
O segundo día as cousas melloraron para as españolas, que cun 3-2-4 nas mangas do sábado, subiron dun décimo sétimo a un quinto peldaño na clasificación xeral para clasificar, momentaneamente, ao barco español para Paris 2024.
A xornada do domingo foi de menos a máis para Echegoyen e Barceló, que iniciaron o día cun undécimo posto na primeira manga para ir escalando aos poucos e realizar unha sétima e unha cuarta posición que lles permite quedar no oitavo posto da xeral unha vez rematas as nove primeiras mangas.
Este luns será día de descanso para as españolas, pero o martes volverán á carga para non perder o ritmo e clasificar a España para a competición olímpica. Pola súa banda, a Medal Race está prevista para o venres día 18.
Relacionadas:
-
A Federación Española confirma a praza olímpica de Támara Echegoyen para París 2024
Por Diego Espiño |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló clasifican a España para os Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |
-
Achegarse a París 2024, reto de Támara Echegoyen no Mundial de Vela da Haia
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló conseguen a medalla de bronce no mundial de 49er FX
Por Manu Otero |