Juan Antonio Saavedra, subcampión de Europa de tiro paralímpico en 10 metros mixto SH1
Por Redacción
O pontevedrés Juan Antonio Saavedra, medallista de prata nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 e de bronce en Tokio 2020, logrou o venres a prata no Campionato de Europa de tiro de Róterdan (Holanda) nos 10 metros carabina aire R3 cunha puntuación de 253.3.
Pero antes, tivo que meterse entre os mellores da semifinal coa mellor puntuación de entre todos os participantes, igualado en 636.8 puntos ao inglés Sheldon.
Saavedra foi escalando posicións ata alcanzar a gran final e, nela, asegurándose polo menos o terceiro posto tras superar en tan só 1.3 puntos ao israelí Chernoy.
A clara dominadora da proba estaba a ser a eslovaca Vadavicoba, que encabezaba a clasificación desde a quinta serie e foi afastándose aos poucos do pontevedrés e do inglés. Entre eles foi a loita pola prata.
Foi máis acertado o disparo do español, cuns 10.7 puntos que obrigou ao británico para apuntar de forma perfecta. Non o conseguiu e, co duelo resolvido, Saavedra colgou o metal de prata con 253.3 puntos, só por detrás da eslovaca Veronika Vadovicova, que alcanzou os 255.7. Terceiro co bronce foi o británico Mathew Skelhon.
Relacionadas:
-
Juan Saavedra, un medallista olímpico contra as cordas: "Teño que facer 200 quilómetros cada vez que quero adestrar"
Por Diego Espiño |
-
Juan Antonio Saavedra, ouro con récord europeo na Copa do Mundo de Nova Delhi
Por Diego Espiño |
-
Juan Antonio Saavedra, de rozar o récord do mundo na cualificación a ser sétimo na final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Juan Antonio Saavedra saca o billete para os seus sextos Xogos Paralímpicos
Por Redacción |
-
O medallista paralímpico Juan Saavedra comparte no colexio da Reigosa a súa experiencia de vida e deportiva
Por Redacción |
-
Un 2021 olímpico e inesquecible para Teresa Portela, Juan Saavedra e Antía Jácome
Por Diego Espiño |