Manuel Osorio, Alberto dos Reis e Javier Ramilo triunfan no RallyMix de Portas
Por Redacción
O RallyMix Concello de Portas chegou ao seu fin despois de dous intensos días e cinco mangas cronometradas que contaron para o Campionato Galgo da modalidade.
Os mellores nesta terceira edición foron Manuel Osorio e Alberto dos Reis, aos mandos do seu habitual Skoda Fabia R5, acadando o primeiro posto da clasificación xeral combinada das categorías A e B nunha competición de dúas xornadas na que o treito puxo a proba ás mecánicas dos participantes e na que se situaron xusto a continuación Javier Ramilo e Daniel Remuiñán, no segundo e terceiro posto, respectivamente.
Desta forma, o equipo do Skoda completou as cinco mangas cun tempo total de 44:46.126, facéndose así co triunfo na clase B, reservada a carrozados. Acompañárono no podio desta categoría, Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda co Peugeot 208 T16 R5 e os irmáns Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.
Na clase A, o primeiro posto para Javier Ramilo cun tempo final de 44:52.661. O do Yacarcross situouse na primeira praza da xeral logo da primeira manga do domingo, pero cedeu o lugar máis alto desta clasificación xeral combinada ante o ataque do equipo do Fabia R5.
Os restantes postos do podio desta clase foron para Daniel Remuiñán e para Antonio Viloria, que retivo finalmente o terceiro posto ante un Alfonso 'Pisko' Ventín que protagonizou unha excelente remontada.
A quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallymix será os días 23 e 24 de setembro en Cuntis.
Relacionadas:
-
Javier Ramilo e Alfonso Ventín, favoritos para pelexar polo VI RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O RallyMix de Cuntis cumpre coa tradición e promociónase cun divertido spot: "Queres terra?"
Por Diego Espiño |
-
Presentada a terceira edición do RallyMix Concello de Portas
Por Redacción |
-
Luz verde da Federación a un calendario que inclúe sete rallys en chan pontevedrés
Por Redacción |