VÍDEO.- O RallyMix de Cuntis cumpre coa tradición e promociónase cun divertido spot: "Queres terra?"
Por Diego Espiño
É unha das probas deportivas da comarca que máis humor destila polos seus poros, grazas aos divertidos vídeos que realiza cada ano para promocionarse. Esta vez non podía ser menos, para a sexta edición do RallyMix Cuntis Vila Termal.
"Queres terra?", ese é a mensaxe dun anuncio no que veciños e afeccionados preparan un dos saltos que se atoparán os pilotos na carreira.
"A cabeza non para, e como sempre quixemos facer un anuncio moi a nosa maneira para esta sexta edición. Así que xa sabedes: botadelle terra!!", explica a Escuadra Cuntis Vila Termal a través das súas redes sociais, nas que compartiu o divertido spot.
O VI RallyMix Cuntis Vila Termal, quinta cita puntuable para o Campionato Galego de Rallies mixtos de terra e asfalto, terá lugar o sábado 23 e o domingo 24 de setembro con máis de 90 pilotos rexistrados prometendo espectáculo.
Segundo o programa deseñado pola organización, os participantes deberán completar ata cinco mangas cronometradas, con tres pasadas previstas para o sábado 23 a partir das 11.30 horas e as dúas últimas o domingo 24 a partir das 9.00 horas.
Relacionadas:
-
Alfonso Ventín, gran dominador da sexta edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Javier Ramilo e Alfonso Ventín, favoritos para pelexar polo VI RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |
-
Rueda presenta en Cuntis o programa 'Benestar en balnearios'
Por Redacción |
-
Manuel Osorio, Alberto dos Reis e Javier Ramilo triunfan no RallyMix de Portas
Por Redacción |
-
Abel Jurado vence na quinta edición do RallyMix de Cuntis
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
#OlloConPepe, o cura e o alcalde no Rallymix de Cuntis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |