Unha campaña de socios no Poio Pescamar "para que a Marea Vermella suba máis alta que nunca"
Por Redacción
Ademais do histórico segundo posto na liga regular, a campaña do 25 aniversario do Poio Pescamar deixou un gran sabor de boca na entidade pola comuñón lograda na bancada da Seca cos seus afeccionados.
É por iso que coa súa nova campaña de socios para o curso 23-24 a entidade conserveira pretende que "a Marea Vermella suba máis alta que nunca".
Para logralo o Poio Pescamar decidiu manter o prezo dos seus abonos, fixando en 25 euros o carné estándar.
Ademais o abono familiar custará 50 euros (válido para tres persoas da mesma familia) e o de empresa 100 euros (cinco carnés).
As renovacións de socios e novas altas poden xestionarse a través do correo electrónico poiofutbolsala@hotmail.com e no wasap 676 52 22 43.
Relacionadas:
-
Dobre representación do Poio Pescamar na primeira convocatoria da tempada da Selección Absoluta
Por Redacción |
-
O Burela dobrega o Poio Pescamar no inicio de liga (2-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar elixe capitás e dorsais antes do debut na liga
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal xa teñen rivais para os cuartos da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, terceiro no torneo Vila do Castro
Por Redacción |
-
Pelé incorpórase aos adestramentos do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Todos os partidos do Poio Pescamar e Marín Futsal poderán verse na plataforma FEF TV
Por Redacción |
-
Catro compromisos para a pretempada do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar ponse en marcha co reto de seguir elevando o seu teito: "Creo que se pode mellorar"
Por Diego Espiño |
-
Unha década despois, Lara Balseiro volve ao Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Marín Futsal recibe o Roldán e o Poio Pescamar visita o Burela o 16 de setembro no inicio da nova tempada
Por Redacción |