Campaña de socios e fichaxes nun Marín Futsal que xa mira á súa estrea en liga
Por Redacción
O Marín Futsal xa mira de fronte ao seu debut ligueiro do próximo sábado 16 de setembro fronte ao Roldán no pavillón da Raña.
Antes de chegar a esa cita, no club marinense son varias as novidades, empezando polas dúas fichaxes anunciadas nos últimos días para completar o plantel de Primeira División.
Trátase por unha banda da brasileira Mayara De Almeida, de 23 anos, e que chega a Marín procedente do Leoas Da Serra, unha xogadora "con moita experiencia e que conta cun amplo palmarés a pesar da súa mocidade", destaca o club.
Ademais aterra na Raña outra futbolista procedente do Leoas Da Serra. É Lysa Gomes, de 25 anos, e que "conta no seu palmarés cunha gran cantidade de títulos, tanto nacionais como internacionais", sinala o Marín Futsal.
CAMPAÑA DE ABONADOS
Doutra banda o Marín Futsal publicou a súa nova campaña de socios para a tempada 23-24.
Os prezos para as renovacións fixáronse en 35 euros para o público adulto, 15 euros para os menores de idade, 60 euros no caso do abono familiar e 125 euros para a categoría de empresa.
En canto ás novas altas, custarán respectivamente 40, 20, 70 e 150 euros.
Relacionadas:
-
Goleada do Marín Futsal o Leganés para recuperar sensacións (5-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Marín Futsal estrélase ante o recentemente ascendido Torcal (2-1)
Por Redacción |
-
Derrota na Raña dun renovado Marín que non puido co Roldán (1-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal avanzan a semifinais de Copa Galicia
Por Redacción |
-
Todos os partidos do Poio Pescamar e Marín Futsal poderán verse na plataforma FEF TV
Por Redacción |
-
Primeiro día na oficina para un renovado Marín Futsal: "Non hai ningún obxectivo máis aló da permanencia"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |