A Vuelta a Hispania, último reto do ano para o Supermercados Froiz
Por Diego Espiño
A tempada chega ao seu fin para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, pero antes debe afrontar un último pero bonito reto, a segunda edición da Volta a Hispania.
A rolda por etapas, con cinco xornadas de competición, comeza este sábado 23 de setembro en Andorra.
"É unha carreira moi bonita", asegura o director do equipo pontevedrés, Evaristo Portela, antes dunha cita á que acoden coa máxima ilusión pero mermados fisicamente por un brote de coronavirus detectado tras a Volta a Galicia, e que lles afectou precisamente na carreira da casa.
"Vimos de pasar a covid, pero xa demos negativo e imos ir a dalo todo", defende Portela.
Non foi ese o único contratempo do equipo, que comparecerá na Volta a Hispania con cinco corredores en lugar dos seis posibles por un pequeno accidente adestrando sufrido nas últimas horas polo seu ciclista Dani Jiménez.
Os que si estarán como máximos espadas serán Vicente Rojas, Andrés Taboada e Alejandro Luna, acompañados por Jorge Suárez e Rubén Fandiño.
Relacionadas:
-
Pontevedra coroa a Nacho Cavia nunha Volta a Galicia que gañou Martín Rey
Por Almu Dapena |
-
Dous ciclistas do Froiz, a proba con equipo profesional portugués Tavfer Ovos Matinados Mortagua
Por Redacción |
-
Vicente Rojas leva o Froiz ao Mundial Sub-23 de Glasgow
Por Redacción |
-
Daniel Jiménez faise co título de montaña na Volta a Madrid
Por Almu Dapena |
-
O poiense Raúl Casalderrey, o mellor do Froiz no Campionato de España cun sétimo posto
Por Almu Dapena |
-
Daniel Jiménez, do Froiz, terceiro na xeral da Volta a Castelló
Por Redacción |