Segunda derrota consecutiva dun Poio Pescamar que non puido co debutante Les Corts (1-2)
Regresou a liga ao pavillón da Seca, o fortín do Poio Pescamar durante a pasada tempada e onde as de López-Tulla buscarían un ano máis seguir co refacho que as levou a disputar a fase polo título.
Con todo, xa van dúas xornadas e o cadro vermello segue sen coñecer o triunfo despois de perder este sábado na súa casa ante o debutante na categoría, o Les Corts de Barcelona.
Adiantouse no minuto 8 o Poio Pescamar por medio de Ale de Paz, pero a pesar dos intentos de seguir ampliando a vantaxe no marcador, o recentemente ascendido impediullo.
Igualou Helena Rodríguez aos cinco minutos do segundo tempo e, cando as conserveiras apostaron co xogo de cinco para ir a por o triunfo, Claudia Hernández cun gol case sobre a bucina culminou a remontada e asinou o 1-2 final.
POIO PESCAMAR (1): Sandra Buzón, Laura Uña, Ale de Paz, Elena Aragón, Marta (quinteto inicial). Elena, Irene García, Rocío, Lara Balseiro e Karina.
LES CORTS (2): Irati, Lucía Gómez, Silvia, Julia Pena e Marta (quinteto inicial). Claudia, Laura Torres, Laia, Kristine, Helena, Paula e Aina.
Goles: 1-0, min. 8, Ale de Paz. 1-1, min 25, Helena. 1-2, min. 39, Claudia.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 disputado no Pavillón da Seca. O cadro arbitral amoestou a Luís López-Tulla no Poio Pescamar e a Marta no Les Corts.
Primeiro partido de liga entre entre Poio Pescamar e Les Corts na Seca
Partido correspondente á 2 xornada de Primeira División de Fútbol sala entre Poio Pescamar e Les Corts na Seca
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Novo triunfo do Poio Pescamar para gañar confianza (3-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a pola segunda vitoria para deixar atrás o mal inicio de liga
Por Redacción |
-
Á procura de entradas escondidas para ver o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar afasta ás pantasmas do inicio de liga e supera o invicto Móstoles (1-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen os seus emparellamentos para a segunda rolda da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Dobre representación do Poio Pescamar na primeira convocatoria da tempada da Selección Absoluta
Por Redacción |
-
O Burela dobrega o Poio Pescamar no inicio de liga (2-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar elixe capitás e dorsais antes do debut na liga
Por Redacción |