Unha arbitraxe que desquiciou a equipo e bancada a pesar da goleada
Por Diego Espiño
Dúas expulsións, unha ao banco e outra a un futbolista, e multitude de cartolinas amarelas provocaron que un dos temas de conversación no Estadio Municipal de Pasarón no duelo fronte ao Guijuelo fose a arbitraxe do asturiano Martín Agudo Daza, mesmo cun resultado final de 5 goles a 0.
O certo é que o trío arbitral non tivo o seu mellor día en Pontevedra, deixando pasar sen amoestación infraccións moi protestadas e castigando outras similares creando certo desconcerto nos xogadores.
A primeira amoestación chegou aos 14 minutos, xa con 2-0, a Rufo e por "golpear a un adversario co brazo na cara de forma temeraria", explica a acta arbitral.
No minuto 30 chegaría a primeira amoestación a Samu Mayo, por "zancadillear a un contrario de forma temeraria na disputa do balón, evitando un ataque prometedor". Neste caso, aínda que a tarxeta foi clara, chegou tras un claro penalti por agarrón a Chiqui non sinalado, e que empezou a enfadar á parroquia local, ao que se sumaron accións similares sen castigo pouco despois.
Aos 43 minutos chegaría outra da xogadas clave, a segunda amoestación, coa súa consecuente expulsión, de Samu Mayo, ao "golpear a un adversario co brazo na cara de forma temeraria".
Foron os minutos máis polémicos, con protestas por ambos os dous bandos que supuxeron a primeira tarxeta ao equipo visitante pero tamén unha amoestación a Moncho, que exercía de delegado do Pontevedra, e a expulsión do segundo adestrador granate, Álex Otero, por "protestar as nosas decisións en ton de voz elevado, saíndo do banco e levantando os brazos en sinal de desconformidade", explicou Agudo Daza na súa acta.
Xa na segunda metade, Chiqui viu tamén unha tarxeta amarela "por zancadillear de forma temeraria a un contrario", na acción xusto posterior a un clamoroso agarrón nunha acción de ataque na que terminou perdendo o control do balón.
Os granates reclamaron ademais un segundo penalti nun contragolpe no que Toño Calvo terminou sendo derrubado dentro da área.
Por fortuna, tal e como recoñeceu Yago Iglesias na rolda de prensa postpartido "soubemos ler todas as situacións do partido", explicou o técnico, e é que nada diso terminou influíndo nun amplo resultado que supón o segundo triunfo da tempada para o Pontevedra.
Relacionadas:
-
Victoria granate no Vao para crer (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Coruxo-Pontevedra: Á terceira vai a vencida?
Por Diego Espiño |
-
Dous partidos de sanción a Álex Otero e un a Samu Mayo polas súas expulsións fronte ao Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
O Yelko Pino máis goleador da súa carreira deportiva
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, satisfeito tras a goleada o Guijuelo: "Soubemos ler todas as situacións do partido"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Fútbol champagne' e 'manita' en Pasarón
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra estima entre 10 e 12 semanas a baixa de Marcos Barbeiro pola súa lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |