O Yelko Pino máis goleador da súa carreira deportiva
Por Diego Espiño
Dúas goleadas consecutivas encadea o Pontevedra Club de Fútbol na casa, deixando definitvamente atrás os problemas de puntería que parecía padecer o equipo en pretempada.
Na estatística goleadora destacan dous homes, Rufo con catro tantos e Yelko Pino con tres, máximos anotadores dunha lista na que Dalisson e Álex González están con dúas dianas e Garay, Chiqui e Hermelo cun gol.
O caso de Yelko é o máis rechamante de todos, e é que o centrocampista vigués está a ser un dos maiores beneficiados do esquema de xogo proposto por Yago Iglesias. Con galóns na creación de xogo, ten máis liberdade que nunca para achegarse á área e a posicións de perigo, e iso traduciuse non só nos tres goles anotados senón en dúas asistencias máis. Participou directamente por tanto en cinco dos 14 goles que suma o Pontevedra.
As súas dianas chegaron todas na casa, cun gol de falta contra a Gimnástica de Torrelavega, outra fronte ao Langreo e o terceiro o pasado domingo fronte ao Guijuelo.
O inusual do caso é que os tres goles supoñen igualar a mellor cifra realizadora da súa carreira en liga na mesma tempada, e iso que só pasaron cinco xornadas de competición regular. Son os mesmos tantos conseguidos en cada unha das dúas campañas que leva defendendo a elástica granate, tanto en Segunda RFEF como en Primeira RFEF. Antes anotara dous goles co Celta B 14-15, un co filial celeste un ano antes e un máis co Lugo en Segunda División (16-17).
Yelko quedou sen anotar en liga no seu paso por equipos como o Atlético Baleares, Algeciras, Ponferradina ou Cultural Leonesa.
"Estou a gozar moito e estou seguro que o imos a facer durante toda a tempada. O modelo que propón o míster é moi favorable para min, tentando sempre ter o control do partido, a posesión da pelota", recoñeceu a principios de curso o 10 granate nunha entrevista concedida a PontevedraViva.
Os números, que non menten, apoian sen dúbida esa afirmación.
Relacionadas:
-
Yelko Pino e o bo momento do Pontevedra: "Isto non é nada fácil, non vai ser a realidade de todo o ano"
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de oficio do Pontevedra para colocarse a dous puntos do liderado (3-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra viaxa a Zamora para disputar "un dos partidos máis atractivos que pode haber nesta categoría"
Por Almu Dapena |
-
Duelo de colosos no Ruta de la Plata: O mellor ataque de Segunda RFEF contra o único imbatido da categoría
Por Diego Espiño |
-
Victoria granate no Vao para crer (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Coruxo-Pontevedra: Á terceira vai a vencida?
Por Diego Espiño |
-
Dous partidos de sanción a Álex Otero e un a Samu Mayo polas súas expulsións fronte ao Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Unha arbitraxe que desquiciou a equipo e bancada a pesar da goleada
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, satisfeito tras a goleada o Guijuelo: "Soubemos ler todas as situacións do partido"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Fútbol champagne' e 'manita' en Pasarón
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yelko Pino: "A miña intención sempre foi continuar aquí"
Por Diego Espiño |