Duelo de colosos no Ruta de la Plata: O mellor ataque de Segunda RFEF contra o único imbatido da categoría
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol mira xa cara ao importante partido que afrontará a próxima xornada (domingo, 18.00 horas) no campo do líder, un Zamora que conta os seus partidos por vitorias e que non encaixou un só gol no que vai de liga.
Os granates chegan á cita coa moral polas nubes tras conseguir o seu primeiro triunfo a domicilio e subir ata a segunda praza con 11 puntos, a 7 dun rival que ata a data mostrouse intratable superando no seu estadio a Cayón (1-0), Guijuelo (1-0) e Coruxo (2-0) e como visitante a Covadonga (0-2), Compostela (0-1) e Ourense CF (0-3). Un total de 10 goles a favor e ningún en contra.
O conxunto castelán-leonés é de feito o único imbatido de toda a Segunda RFEF, claro que o Pontevedra chegará ao partido como equipo máis goleador de toda a categoría, grazas ás súas 16 dianas a favor e con só catro goles en contra, encadeando ademais dúas xornadas consecutivas coa súa porta a cero.
Todo un duelo de colosos e con gran historia detrás, xa que ambos os dous equipos coincidiron en 11 tempadas en Segunda División B, aínda que só en seis delas no presente século.
De feito os granates non vencen no Ruta de la Plata desde o ano 2002 (tempada 02-03), co estadio recentemente inaugurado. Foi nun 0-2 con goles de Diego Castro e Padín e con José Aurelio Gay como adestrador. Desde entón visitaron Zamora noutras tres ocasiones, cunha derrota na campaña 08-09 (3-0) e dous empates na tempada 09-10 (3-3) e na visita máis recente na 20-21 (0-0).
O duelo será ademais o reencontro de Yago Iglesias co que foi o seu equipo as dúas últimas tempadas, en Primeira e Segunda RFEF.
Relacionadas:
-
Golpe de autoridade do Pontevedra con exhibición e goleada en Zamora (0-4)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra viaxa a Zamora para disputar "un dos partidos máis atractivos que pode haber nesta categoría"
Por Almu Dapena |
-
A primeira vitoria a domicilio de 2023 chegou en outubro
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' prepara o seu desembarco en Zamora
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, convencido de que a de Coruxo "é a primeira de moitas vitorias fóra da casa"
Por Almu Dapena |
-
Victoria granate no Vao para crer (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Yelko Pino máis goleador da súa carreira deportiva
Por Diego Espiño |