Elías Espiñeira regresa ao Pontevedra como novo "mánager xeral"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol ten novo 'mánager xeral', e é un vello coñecido da entidade.
O club granate confirmou este luns a chegada de Elías Espiñeira Carnoto, no que é o seu regreso ao Estadio Municipal de Pasarón, bautizando dese xeito o posto a que ocupará.
Espiñeira xa foi durante cinco anos director xeneral do Pontevedra, entre 2003 e 2008, na etapa de Nino Mirón como presidente. Con el como director xeneral viviuse de feito o último paso ata a data da entidade polo fútbol profesional, co celebrado ascenso a Segunda División fronte ao Lorca.
Tras a súa saída do Pontevedra, Elías Espiñeira exerceu ademais de director xeral en clubs como o Mirandés e o Real Jaén, e máis recentemente era unha das caras visibles de LaLiga Exhibition, un proxecto da Liga de Fútbol Profesional para expandir a súa marca en América Latina.
O novo home forte na xestión do Pontevedra Club de Fútbol será presentado oficialmente o vindeiro xoves 5 de outubro no Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Elías Espiñeira asume o mando na coordinación do Pontevedra: "Hai dous retos, deportivo e corporativo, pero van da man"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra pon en marcha unha ampliación de capital por valor de 373.599 euros
Por Diego Espiño |
-
LaLiga Exhibition, desde Pontevedra a Latinoamérica da man de Manuel Gago e Elías Espiñeira
Por Diego Espiño |