Chapela terá que pasar polo quirófano e pérdese o que resta de tempada
Por Diego Espiño
Malas noticias para a Sociedad Deportiva Teucro, que perde ata a próxima tempada a David Chapela por lesión.
O central, que arrastrou molestias no seu ombro dereito durante gran parte da tempada, terá que pasar finalmente polo quirófano, o que o afastará das pistas entre cinco e seis meses.
O prazo de recuperación estimado oscila entre os cino e os seis meses
Así o confirmou o propio xogador, quen se seguirá adestrando ata que se fixe a data da intervención cirúrxica pero que non volverá xogar ata estar recuperado.
Chapela xa "estaba mentalizado de que esto podía pasar", e despois varios meses xogando con dor asegura que "ya no puedo seguir", sobre todo tras recibir un golpe na zona no partido de Copa Deputación ante o Seis do Nadal.
A lesión no labrum do ombro, típica de deportes nos que os lanzamentos son parte importante deste, é a mesma que sufriron Carlos García e César Armán nas dúas últimas tempadas.
Ambos os dous serán un apoio importante para o central, que admite estar "más tranquilo porque ellos saben como es y puedo consultarle las dudas que vaya teniendo".