O Waterpolo Pontevedra, disposto a "baleirarse na piscina" para superar o Santa Eulalia
Por Redacción
O CW Pontevedra viaxará esta fin de semana a L´Hospitalet de Llobregat, onde se medirá o sábado a partir das 16:00 horas á Agrupació Esportiva Santa Eulalia no que será o segundo partido de Primeira División Nacional Feminina.
O equipo pontevedrés, tras a boa estrea de liga con vitoria en Marín fronte a Dos Hermanas, espera aproveitar o nivel de motivación para seguir sumando puntos.
Pero en fronte terá a un equipo "que non o poderá fácil e non se deixará sorprender como o ano pasado" a pesar de perder no debut ligueiro fronte ao Vallirana.
As do Lérez viaxarán unha vez máis sen complexos e dispostas a baleirarse na piscina para conseguir a súa primeira vitoria a domicilio, sabendo que non será fácil, xa que enfronte terán un rival moi competitivo e con experiencia.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra chega vivo ao descanso, pero desínflase no último cuarto (13-8)
Por Redacción |
-
A canadense Capucine Monteil, reforzo para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Inicio de liga con vitoria para o Waterpolo Pontevedra contra o Dos Hermanas (14-8)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Waterpolo Pontevedra volve mirar cara a México para reforzar o seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Do Waterpolo Pontevedra ao Club Natació Barcelona
Por Redacción |