Yago Iglesias, tras a goleada ao Zamora: "Era unha proba de moi alto nivel para nós e ímonos contentos".
Por Almu Dapena & Redacción
Era "un desprazamento complicadísimo", pero o Pontevedra Club de Fútbol, que sabía da dificultade do encontro ante o líder Zamora, creceuse e goleou para colocarse a tan só catro puntos do primeiro posto da clasificación.
"Hoxe non podo dar máis que o parabén ao equipo, cada semana crécese", asegurou o técnico granate Yago Iglesias, consente de que "era unha proba de moi alto nivel para nós e ímonos contentos".
O adestrador destaca os catro goles e os dous paus do equipo, que supoñen "unha boa porcentaxe de acerto" e foron, ademais, "de distintas maneiras", recalcou.
E é que o Pontevedra cada semana que pasa crécese, especialmente desde "a xornada tres, que empezamos a axustar". Agora o equipo "está en moi boa dinámica aínda que con marxe de mellora tanto a nivel individual como colectivo", pero o que máis gusta dentro do grupo é que "cada vez está máis cohesionado e hai unha sintonía no persoal, facendo que rendan a este nivel. Son eles os que fan que o partido vaia para adiante".
A partir do luns o cadro granate pensará no seu seguinte partido, contra o Oviedo, un equipo que para Yago Iglesias é "totalmente distinto ao que vimos hoxe, novo e con moito dinamismo" e que vén de sumar tres importantes puntos ante o Coruxo.
O encontro entre Pontevedra e Oviedo disputarase o domingo 22 de outubro no Estadio Municipal de Pasarón a partir das 17:00 horas.
Relacionadas:
-
Oier Calvillo, de rescindir no Pontevedra á liga universitaria norteamericana: "Sempre quixen vir a USA"
Por Diego Espiño |
-
Dalisson rebaixa a euforia: "Estamos tranquilos, cos pés na terra porque queda moito por diante"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa bota o cadeado á portería do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O mellor arranque goleador do Pontevedra nos últimos 40 anos
Por Diego Espiño |
-
Golpe de autoridade do Pontevedra con exhibición e goleada en Zamora (0-4)
Por Almu Dapena |