Aumentar a asistencia a Pasarón, tarefa pendente do Pontevedra
Por Diego Espiño
Co seu primeiro equipo camiñando con paso firme e deixando grandes sensacións, a tempada do Pontevedra Club de Fútbol enfila o bo camiño cun obxectivo claro, o de retornar a Primeira RFEF cun proxecto de maior consistencia. Para iso ademais fóronse implementando cambios na estrutura do club, como a presenza de Charles na secretaría técnica e a chegada de Elías Espiñeira como mánager xeral.
O vento a favor no deportivo fai ademais que a entidade granate poida desviar parte da súa atención cara a outros retos, e un dos principais é recuperar á masa social que se foi deixando polo camiño nos últimos anos.
Mellorar a asistencia ao Estadio Municipal de Pasarón, traducido tanto nun maior número de abonados como de afeccionados en xeral, debe ser unha prioridade para asegurar un futuro prometedor para a entidade.
Neste sentido, a boa imaxe dada polo equipo no céspede xa pareceu notarse nas bancadas, e é que no último encontro de liga fronte ao Real Oviedo Vetusta foron case medio milleiro máis os afeccionados presentes (469 máis segundo as cifras oficiais) en relación ao anterior duelo contra local contra o Guijuelo.
Só o tempo dirá se a tendencia mantense á alza, sendo só un primeiro pero importante paso. Para ser máis excatos, presenciaron o duelo fronte ao filial ovetense 2.198 espectadores, polos 1.729 presentes contra o Guijuelo, os 1.526 contabilizados contra o Langreo e os 1.841 da primeira xornada do campionato ante a Gimnástica de Torrelavega.
A media por tanto da tempada é polo momento de 1.823 espectadores, inferior á da pasada campaña (2.500 de media en liga) pero tendo en conta que en Primeira RFEF producíronse varias entradas importantes como contra o Real Madrid Castilla e Deportivo (6.300 cada un dos dous partidos) e tamén outras que apenas rozaron os 1.500 afeccionados.
Uns números que deixan algo claro, queda moito traballo aínda por facer.
Relacionadas:
-
Manu Vizoso e a vida dun porteiro que busca a súa oportunidade: "Síntome dentro do equipo, e para axudalo teño que adestrar ao máximo"
Por Diego Espiño |
-
"Saída complicada" para o Pontevedra contra o Avilés, un "xigante durmido" que "está á espera de ter unha serie positiva"
Por Almu Dapena |
-
Álex González e Dalisson estrean este curso as visitas escolares do Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Avilés-Pontevedra, un duelo con historia
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino e o bo momento do Pontevedra: "Isto non é nada fácil, non vai ser a realidade de todo o ano"
Por Diego Espiño |
-
O gol é cousa de todos no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Na primeira parte faltounos esa fluidez para ese último pase que si apareceu ao final"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Triunfo de oficio do Pontevedra para colocarse a dous puntos do liderado (3-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pasarón despídese da Primeira RFEF cunha asistencia media de 2.500 espectadores en liga
Por Diego Espiño |