Ilusión desbordada no Arosa ante a visita do Granada na Copa: "Imos tratar de poñelos contra as cordas"
Por Diego Espiño
Treinta anos despois a Copa do Rei regresa ao Estadio da Lomba, e faino este xoves 2 de novembro (19.00 horas) coa visita de todo unha Primeira División como o Granada.
A pesar da diferenza de categoría a ilusión por facer un bo papel contaxia cada recuncho de Vilagarcía, e así o recoñeceu o adestrador do conxunto arlequinado, Luisito, na rolda de prensa previa á aliminatoria acompañado do presidente do Arosa, Manuel Abalo, e tamén do alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Varela e Carlos Coira.
"En ilusión somos o mellor equipo de España. Está claro que é un equipo de Primeira División, hai moitas categorías, nós somos un equipo agora da quinta, téñolle respecto pero medo ningún porque a 90 minutos pode pasar calquera cousa", afirmou o técnico.
"Imos tratar de poñelos contra as cordas, que non caiba dúbida", asegura Luisito sobre un partido no que "imos pelexar coas nosas armas, que ninguén pense que imos montar un catenaccio e ímonos a colgar todos do traveseiro. Imos competir".
Luisito non poderá contar para o encontro con Brais Vidal por lesión, pero polo menos si se atopou un céspede da Lomba mellor do esperado tras xogar a pasada fin de semana en Vilaxoán para preservalo o máximo posible. "Teño que recoñecer e felicitar á xente que estivo a traballar no campo, se chega a pasar o ano pasado... Contra esta climatoloxía é moi complicado competir, como siga así vai haber zonas que é imposible, pero sorprendeume porque pensei que ía estar moitísimo peor do que vai estar", avanzou o preparador.
En canto ao rival, o Granada, para Luisito "para arriba son un equipazo. Teñen uns futbolistas cun potencial enorme, independentemente de quen veña, porque aínda que veña alguén do filial son futbolistas de Primeira RFEF", destacou. A pesar diso, e á teórica superioridade nazarí "a partido único como moito doulles o 55% de posibilidades", asegura, poque o Arosa vai con todo a por a Copa.
Relacionadas:
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Un dos árbitros con maior experiencia en Primeira para o partido de Copa do Rei do Arosa
Por Redacción |
-
Primeira vitoria na casa do Arosa (2-0)
Por Redacción |
-
Caso Barroso no Arosa: Non se presenta ao adestramento descontento coa súa falta de minutos
Por Redacción |
-
O partido de Copa do Rei entre Arosa e Granada, coas cámaras de Movistar +
Por Redacción |
-
O Arosa - Granada de Copa do Rei disputarase o 2 de novembro na Lomba
Por Redacción |
-
O Arosa activa a venda de entradas para o partido de Copa do Rei fronte ao Granada
Por Redacción |
-
Un Primeira División para o regreso do Arosa á Copa do Rei
Por Redacción |