Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño
Coa cabeza alta e poñendo un xaque a todo unha Primeira División como o Granada. Así se despediu, en teoría, o Arosa da Copa do Rei no seu regreso 30 anos despois ao torneo. En teoría porque sobre a mesa do conxunto arlequinado aparece agora unha posible reclamación por aliñación indebida que pode darlle o pase a segunda rolda.
Segundo adiantou no medio do choque o medio Relevo, o Granada pode expoñerse a unha aliñación indebida por contar co gardameta da súa filial, Adri López, maior de 23 anos, nunha competición 'non profesional'. O matiz de non profesional é clave, debido a que en Primeira e Segunda División (profesionais) este límite para os porteiros é de 25 anos. A pelota está en mans agora do Arosa e do Comité de Competición no caso de presentar reclamación.
En canto ao deportivo, Vilagarcía tiña ganas de Copa, e A Lomba así o desmostró cunha gran entrada.
Luisito presentou un once de plenas garantías e que saía a por todas, co cambio na portería dando minutos a Raúl acompañado de Santi Figueroa, Pacheco, Martín, Cotilla, Diego Enjamio, Borja Míguez, Sylla, Iñaki, Nacho Carús e Brais Pedreira. Pola súa banda o Granada mesturaba xogadores menos habituais en liga en Primeira División con algún integrante da súa filial de Primeira RFEF.
Con esas vimbias o conxunto local saíu sen complexos, ameazou nun par de boas opcións a meta andaluza e mesmo puido adiantarse ata en dúas ocasións na botas de Sylla, sen chegar a acertar no seu remate.
Escapóuselle a opción ao cadro arlequinado e o que chegou foi o 0-1. O Granada tiraba de calidade e pegada para facer o 0-1 en suprimera gran ocasión. Era o minuto 19 de xogo e Jose Callejón aproveitaba un bo servizo de Gonzalo Villar para bater a Raúl.
Non se desanimou o Arosa, e con ilusión seguiu pelexando cada acción sobre un céspede que aguantaba como podía as malas condicións climatolóxicas destes días e apoiado polos numerosos afeccionados que non se quixeron perder a histórica cita na Lomba.
Santi Figuera probouno desde fóra da área á media hora, pero era o Granada o que dominaba cos seus momentos de ameaza que eran neutralizados polo traballo defensivo dos de Luisito para tentar manterse con opcións na eliminatoria.
Con esa diferenza mínima iniciouse o segundo tempo, o que deixaba aberta a porta á esperanza para os de Vilagarcía, e é que aínda que non pasaban moitas cousas, a tensión crecía co paso dos minutos.
A atención por momentos desviábase mesmo fóra do terreo de xogo, na bancada, onde a noticia da posible aliñación indebida do equipo nazarí corría como a pólvora.
Achegábanse os minutos decisivos e Luisito botaba o resto refrescando aos seus homes ofensivos dando entrada a Martín Diz, Rubo e Mella en lugar Borja Míguez, Sylla, Iñaki.
A choiva e o vento sumábanse ademais á épica copeira nos últimos minutos, facendo cada vez máis complicado xogar. Era un todo ou nada, un cara ou cruz, e saíu cruz. No minuto 87 de xogo unha acción de Weissman acababa dentro da portería local, e pouco despois ao fío do 90 Diedhiou sentenciaba co definitivo 0-3.
Relacionadas:
-
O Arosa vende cara a súa eliminación na Copa do Rei fronte ao Valencia (0-1)
Por Diego Espiño |
-
O Arosa publica o prezo das entradas para o partido de Copa contra o Valencia
Por Redacción |
-
O Valencia, un histórico para o Arosa na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Arosa denuncia a súa "indefensión" polo pouco prazo para alegar ao recurso presentado polo Granada
Por Diego Espiño |
-
Terceira vitoria consecutiva do Arosa á conta do Paiosaco (1-0)
Por Redacción |
-
Á espera doutro Primeira División: Estes son os posibles rivais do Arosa na segunda rolda de Copa
Por Diego Espiño |
-
Competición dálle a razón ao Arosa e estará na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Arosa despega con goleada á Sarriana (0-3)
Por Redacción |
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Ilusión desbordada no Arosa ante a visita do Granada na Copa: "Imos tratar de poñelos contra as cordas"
Por Diego Espiño |
-
Un dos árbitros con maior experiencia en Primeira para o partido de Copa do Rei do Arosa
Por Redacción |
-
O partido de Copa do Rei entre Arosa e Granada, coas cámaras de Movistar +
Por Redacción |
-
O Arosa - Granada de Copa do Rei disputarase o 2 de novembro na Lomba
Por Redacción |
-
O Arosa activa a venda de entradas para o partido de Copa do Rei fronte ao Granada
Por Redacción |
-
Un Primeira División para o regreso do Arosa á Copa do Rei
Por Redacción |