O Arosa despega con goleada á Sarriana (0-3)
Por Redacción
Unha vez deixada atrás a resaca copeira, o Arosa tivo este domingo un novo enfrenamiento ligueiro. O seu rival, nesta ocasión, a recentemente ascendida Sarriana, que se viu condenada pola pegada dun equipo arlequinado que parece que está a empezar a carburar.
E tras o esforzo realizado contra o Granada na Copa do Rei, os xogadores de Luisito responderon tanto mental como fisicamente, enchufaron as que tiveron e apenas sufriron a nivel defensivo.
Pero non foi ata o minuto 23 cando chegou o primeiro tanto. O colexiado pitou pena máxima e Antón Concheiro, desde os once metros, adiantou o Arosa.
O gol sentou como un xerro de auga fría aos de Sarriana e vían como os visitantes pasábanlles unha e outra vez por encima e sentenciaban en tan só 15 minutos. Martín Diz, no 33, subía o 0-2 ao marcador, e pouco despois, Concheiro, reaparecía como goleador e anotaba o 0-3.
Na segunda parte o resultado non se volveu a mover, o Arosa tiña os tres puntos no bote e non sufriu en tarefas defensivas, cómodo en todo momento sen ver perigar a súa portería.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Bergantiños reduce o Arosa (1-3)
Por Redacción |
-
Terceira vitoria consecutiva do Arosa á conta do Paiosaco (1-0)
Por Redacción |
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Primeira vitoria na casa do Arosa (2-0)
Por Redacción |
-
Caso Barroso no Arosa: Non se presenta ao adestramento descontento coa súa falta de minutos
Por Redacción |
-
Meritorio punto do Arosa contra o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa queda sen gol e empata co Estradense
Por Redacción |
-
Remontada e primeiros tres puntos para o Arosa ante o Polvorín (1-3)
Por Redacción |