O Arosa activa a venda de entradas para o partido de Copa do Rei fronte ao Granada
Por Redacción
Treinta anos sen participar na Copa do Rei son moitos anos, por iso no Arosa vívese con emoción o partido que lle medirá a un equipo de Primeira División como o Granada na primeira rolda do Torneo do K.O.
A falta aínda de coñecer o horario definitivo do encontro, este disputarase o 31 de outubro, 1 ou 2 de novembro, polo que o tempo corre e no club arlequinado puxeron xa a funcionar toda a maquinaria para vivir unha serán especial na Lomba.
Por unha banda, o estadio recibiu o OK da Real Federación Española de Fútbol para acoller o encontro, tras unha inspección levada a cabo este mércores.
Por outro, o Arosa confirmou a activación da venda de entradas para o encontro, empezando por un período exclusivo para socios da entidade.
Así, desde este venres 20 de outubro e ata o día 26 os abonados do Arosa poderán retirar o seu suplemento e tamén dúas localidades máis a maiores. Por partes, o sumplemento de socios fixouse en 15 euros para a bancada de Tribuna e 10 euros para Preferencia. mentres que os socios sub-12 ou de categoría especial así como os menores de 6 anos terán acceso de balde pero sendo necesario retirar entrada.
En canto ao prezo para o público xeral, cuxa venda comezará o 26 de outubro, o prezo dos tickets fixouse en 30 euros en Tribuna, 20 euros en Preferencia e 15 euros nos fondos.
O horario de venda será de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 11.00 a 13.00 horas os sábados.
Relacionadas:
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Ilusión desbordada no Arosa ante a visita do Granada na Copa: "Imos tratar de poñelos contra as cordas"
Por Diego Espiño |
-
Un dos árbitros con maior experiencia en Primeira para o partido de Copa do Rei do Arosa
Por Redacción |
-
Caso Barroso no Arosa: Non se presenta ao adestramento descontento coa súa falta de minutos
Por Redacción |
-
O partido de Copa do Rei entre Arosa e Granada, coas cámaras de Movistar +
Por Redacción |
-
Meritorio punto do Arosa contra o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa - Granada de Copa do Rei disputarase o 2 de novembro na Lomba
Por Redacción |
-
Un Primeira División para o regreso do Arosa á Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Arosa queda sen gol e empata co Estradense
Por Redacción |
-
Remontada e primeiros tres puntos para o Arosa ante o Polvorín (1-3)
Por Redacción |