Á espera doutro Primeira División: Estes son os posibles rivais do Arosa na segunda rolda de Copa
Por Diego Espiño
A resolución de Competición recoñecendo a aliñación indebida do Granada clasificou o Arosa para a segunda rolda da Copa do Rei, todo un premio para o cadro arlequinado a nivel deportivo e pola recompensa económica que supoñerá.
O cadro arlequinado é un dos tres únicos clasificados de Terceira RFEF (poderían ser catro se pasa o Atzeneta no seu partido aprazado), o que lle garante que o seu rival será un equipo de Primeira División. Barbastro e Atlético Astorga son os outros dous.
Todos eles estarán xuntos nun bombo que será o primeiro en poñerse en xogo no sorteo previsto para o vindeiro mércores 15 de novembro, cruzándose cos equipos da máxima categoría en competición.
Os que aínda non poden ser rivais son os catro equipos participantes na Supercopa de España, e que aínda entrarán en liza na próxima eliminatoria. Isto é, Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid e Osasuna.
Fóra deses catro, o único dos equipos da máxima categoría que non superou a primeira rolda é o Granada, rival arosista, polo que o rival sairá dos 15 restantes.
Desta forma visitará A Lomba uno destes equipos: Real Sociedad, Athletic Club, Celta, Sevilla, Betis, Almería, Las Palmas, Girona, Rayo Vallecano, Cádiz, Getafe, Mallorca, Vilarreal, Valencia ou Alavés.
Esta segunda rolda da Copa de Rei, de novo a partido único, disputarase os días 5, 6 e 7 de decembro.
Antes do sorteo aínda deben aclararse, iso si, os duelos de primeira rolda aprazados por mal tempo, a Gimnástica Segoviana-Sestao River (8 de novembro) e o Atzeneta UE-Real Zaragoza (14 de novembro).
Relacionadas:
-
O Arosa publica o prezo das entradas para o partido de Copa contra o Valencia
Por Redacción |
-
O Valencia, un histórico para o Arosa na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Arosa denuncia a súa "indefensión" polo pouco prazo para alegar ao recurso presentado polo Granada
Por Diego Espiño |
-
Terceira vitoria consecutiva do Arosa á conta do Paiosaco (1-0)
Por Redacción |
-
Competición dálle a razón ao Arosa e estará na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |