Competición dálle a razón ao Arosa e estará na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño
O Arosa estará na segunda rolda da Copa do Rei, e volverá a recibir un equipo de Primeira División no Estadio da Lomba.
O Comité de Competición estimou este martes a reclamación presentada pola entidade de Vilagarcía, que denunciaba a aliñación indebida do porteiro do Granada CF Adri López no choque de primeira rolda disputado o pasado 2 de novembro, con resultado de 0-3 para o equipo andaluz.
Reclamaba o cadro arlequinado que o gardameta do filial, maior de 23 anos, non podía xogar o torneo ao tratarse dunha competición catalogada como 'non profesional'.
Nunha longa explicación, a resolución do Xuíz Único de Competición déixao claro: "Non cabe dúbida ou alternativa distinta a proceder a declarar como indebida a aliñación indebida do porteiro cuxa intervención foi obxecto de denuncia", sinala o texto.
"No caso que nos ocupa, a declaración da aliñación indebida deberá producir os citados efectos e, por tanto, hase de dar por perdido o partido ao Granada C.F. e declarar vencedor da eliminatoria do Campionato de España/Copa S.M. o Rei, ao Arosa S.C", reflicte a resolución sen dar validez á argumentación presentada pola entidade de Primeira División, á que ademais se lle impón unha multa de 6.001 euros.
Contra esta resolución cabe interpoñer recurso ante o Comité de Apelación no prazo de dez días hábiles, sinala Competición.
Esa circunstancia non impedirá que o Arosa estea presente no sorteo de segunda rolda de Copa previsto para o vindeiro mércores 15 de novembro.
Relacionadas:
-
O Arosa vende cara a súa eliminación na Copa do Rei fronte ao Valencia (0-1)
Por Diego Espiño |
-
O Arosa publica o prezo das entradas para o partido de Copa contra o Valencia
Por Redacción |
-
O Valencia, un histórico para o Arosa na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Arosa denuncia a súa "indefensión" polo pouco prazo para alegar ao recurso presentado polo Granada
Por Diego Espiño |
-
Terceira vitoria consecutiva do Arosa á conta do Paiosaco (1-0)
Por Redacción |
-
Á espera doutro Primeira División: Estes son os posibles rivais do Arosa na segunda rolda de Copa
Por Diego Espiño |
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |