O Valencia, un histórico para o Arosa na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño
O Arosa SC xa ten rival para a segunda rolda da Copa do Rei, e será todo un histórico do fútbol español como o Valencia CF.
Así o deparou este mércores o sorteo celebrado na sede da Real Federación Española de Fútbol, e que comezou xa sabendo a resolución do Comité de Apelación que confirmaba a aliñación indebida do Granada na primeira eliminatoria e por tanto o pase do conxunto arlequinado.
Estaba garantido o cruzamento cun equipo de Primeira División, ao haber só tres clubs de Terceira RFEF no bombo. Foron os primeiros en saír para ser emparellados cun dos 15 equipos da máxima categoría en competición (os catro da Supercopa entrarán en liza na seguinte rolda).
Coa visita do Valencia ao estadio da Lomba os seguidores arosistas poderán gozar de todo un campión en oito ocasiones do torneo copeiro, así como campión de seis ligas ou de títulos internacionais como a Copa da UEFA, a Supercopa de Europa e a Recopa.
A eliminatoria disputarase a partido único en Vilagarcía entre os días 5 e 7 de decembro.
Relacionadas:
-
O Arosa vende cara a súa eliminación na Copa do Rei fronte ao Valencia (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Luisito, ante o partido de Copa contra o Valencia: "De dez partidos nos gañan nove, pero igual mañá tócanos a nós"
Por Redacción |
-
O Pontevedra B neutraliza o Arosa (0-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Bergantiños reduce o Arosa (1-3)
Por Redacción |
-
O Arosa publica o prezo das entradas para o partido de Copa contra o Valencia
Por Redacción |
-
O Arosa denuncia a súa "indefensión" polo pouco prazo para alegar ao recurso presentado polo Granada
Por Diego Espiño |
-
Á espera doutro Primeira División: Estes son os posibles rivais do Arosa na segunda rolda de Copa
Por Diego Espiño |
-
Competición dálle a razón ao Arosa e estará na segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Granada deféndese cualificando de "correcta" a aliñación do seu porteiro contra o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Honra arosista na Copa do Rei fronte a un Granada ameazado por unha posible aliñación indebida (0-3)
Por Diego Espiño |